GARAYSA XIRIA 26 – CAIXANOVA OCTAVIO 36

Garaysa Xiria 26 (15+11): Jorge, Julián (9), Enrique (2), Alberto (7), Dani, Iván (2), Manuel (5) -equipo inicial- Óscar, Raúl(1), Diego

Caixanova Octavio 36 (20+16): Enrique, Xurxo (7), Álex (3), Rubén (4), Antón (6), Rogelio (7), Dani (4) -equipo inicial- Pablo (1), Iván, Alvaro (2), Jesús, Pedro, Daniel, Mikel (2).

Colexiados: Juan Ben.

Disputábase a penúltima xornada de liga na División de Honra Infantil e o Garaysasa Xiria recibía ao potente Caixanova Octavio de Vigo,lider e mázimo favorito para facerse co título. O equipo carballés, un conxunto formado na súa maioría por xogadores de primeiro aínda pouco formados fisicamente, tiña, polo tanto, unha dificil tarefa fronte a un dos mellores conxuntos da competición.

O Garaysa tivo un excelente inicio de partido e conseguíu que os visitantes non se despegasen de máis de tres goles, ata os cinco minutos finais nos que algunhas imprecisións de pase facilitaron as cousas aos vigueses para marchar ao descanso cunha vantaxe de cinco goles, 15-20. Os de Carballo facían dano á zaga do Octavio, a pesar da súa menor antropometría, pero onde realmente radicaba o problema para os locais era na súa defensa, debido á maior forza e corpulencia dos seus rivais.

Na reanudación, o Garaysa Xiria axustaba a súa defensa e os rapidos contaataques posibilitaban que se achegáse a tan só dous goles do Octavio. O ritmo e a intensidade era a adecuada, pero chegado ao meridiano desta segunda metade, o esgotamento físico facía que se notase máis a superioridade do Caixanova Octavio que, de novo, poñía terra de por medio ata o marcador final de 26-36.

O partido foi, de calquera xeito, positivo para os carballeses, que lle plantaron cara a un dos mellores equipos da categoría facendo por momentos un gran balonmán que nada tiña que envidiar ao do cadro visitante.

Na derradeira xornada o Garaysa Xiria recibirá a visita do Bm Cisne, equipo ao que os de Carballo xa dobregaran no encontro da primeira volta.