PROCASA XIRIA 25 – RASOEIRO BM 27

Procasa Xiria: 25 (12+13): Martín, Joaquín (2), Luís García (3), Calvete (5), Ricardo (5), Jose A. (1), Rubén (4), Luís Iglesias (2), Daniel (p.s.), Julián (3), Crístian

Rasoeiro Bm: 27 (12+15): Daniel Prol, Daniel G. (3), David (2), Guillermo, Alejandro (2), Adrián, Jose L. (8), Diego (7), Ernesto, Aarón (5), Miguel y Adrián Besada.

Colexiados: Jose Pérez.

Partido correspondente á 10ª xornada do Campionato Cadete de 2ª División, disputado no Pavillón da Zona Escolar de Carballo ante un dos principais candidatos ao ascenso, o Balonmán Rasoeiro.

O encontro comezou bastante igualado con pequenas alternancias no marcador durante toda a primeira metade. O Rasoeiro baseaba o seu ataque en accións individuais dos seus primeiras liñas, moi fortes fisicamente e con gran calidade técnica. Mentres, o Xiria resolvía os seus ataques con longas circulacións de balón que adoitaban rematar en mans de Calvete, no pivote, ou eran finalizadas por algún extremo. Os dous equipos plantexaron unha defensa 5-1, no caso do Xiria cun avanzado moi pegado a 9m que entorpecera as accións de lanzamento exterior dos primeiras liñas do Rasoeiro e non permitira, en ningún caso, o xogo de balón ás súas costas. Salvo varios despistes ao longo deste primeiro tempo, a defensa do Xiria creáballe moitos problemas aos atacantes rivais, isto sumado á gran tarde de Martín baixo os paos fixo que a gran capacidade anotadora dos visitantes se quedara en 12 goles ao finalizar o primeiro acto.

A segunda metade comezaba con empate no marcador, aínda que non tardou o Rasoeiro en poñer terra de por medio e, axudado pola relaxación dos locais, colleu unha distancia de varios goles que poñía o encontro bastante costa arriba para o Procasa. Pero os de Carballo non ían deixar escapar o partido así e foron quen de reaccionar. A falta de 8-10 minutos e 5 goles abaixo Martín realizou unha parada incrible en explosión que facilitou o contraataque local, que rematou en gol, o seguinte ataque do Rasoeiro tamén o errou e o Xiria non fallou. Xa estaba no partido de novo, nos seguintes minutos chegou a poñer en serios apuros a un Rasoeiro que tirando de accións individuais puido manter a vantaxe ata chegar ao 25-27 final.

Outros dous puntos que se escapan tras un final agónico, como moitos dos que estamos a vivir este ano. Debemos de dominar máis nestes finais de partido e comezar a sacar algo positivo destes encontros tan igualados. Agora temos por diante a viaxe a Chapela e o Cangas en Carballo, dous encontros que deben servir para amosar todo o traballo que se está a facer e deixar patente a melloría do equipo. Moita sorte.