GARAYSA XIRIA 28 – BM OURENSE IES AS LAGOAS 21

Non dispoñemos dos datos do acta do partido.

Primeiro partido da segunda volta da competición e importante trunfo do Garaysa Xiria.

O partido comezaba con retraso por mor da viaxe do equipo visitante, pero isto non descentrou ao equipo local que saíu moi concentrado á cancha, practicando unha forte defensa 3:3 presionante que impedía a fluídez no xogo do Ourensáns e propiciaba os contragolpes tras as recuperacións de balón. Ademais o local Cristian, moi motivado, defendía, a pesar da diferenza de corpo, con sobriedade ao xogador máis importante do cadro de Ourense. No xogo ofensivo, o Garaysa cometío certos erros de precipitación, pero conseguían a brir a defensa rival e finalizar os ataques en multiples ocasións polo centro e despistando con desdobramentos dos extremos e pases ao pivote.

Na segunda metade comezou a pesar o cansancio, o técnico carballés deixou no banco a Julián e deu entrada a Iván, que soubo cumplir cou súa labor. O Xiria continuou, a pesar de que a frescura ía desaparecendo e se notaban os altibaixo no xogo, coa mesma dinámica, chegándose ao remate co resultado de 28-21.

Debemos destacar tamén a Raúl, no extremo dereiro, que amosou unha grande coraxe tanto en defensa como en ataque e a Jorge, na meta, que tivo unha moi boa porcentaxe de paradas. Unha vitoria que motiva aos rapaces de Alberto Salgado para tentar facer unha boa segunda volta de campionato.

O próximo partido a disputar polo Garaysa Xiria terá lugar na pista coruñesa de San Francisco Xabier o vindeiro domingo ás 10.15 h, fronte ao OAR, nun dos derbis provinvciais.