Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROCASA XIRIA 32 – SEIS DO NADAL COIA 23

Procasa Xiria: 32 (15+17): Martín, Rubén (4), Chouciño, Joaquín (8), Luís García, Calvete (7), Mario, Damián (2), Iván (1), Ricardo (8) y Luís Iglesias (2). Seis do Nadal “B”: 23…

Procasa Xiria: 32 (15+17): Martín, Rubén (4), Chouciño, Joaquín (8), Luís García, Calvete (7), Mario, Damián (2), Iván (1), Ricardo (8) y Luís Iglesias (2).

Seis do Nadal “B”: 23 (9+14): Manuel, Xoel (6), Pablo (3), Miguel, Samuel, David Glez. (4), Jerson (2), Andrés (1), Óscar, Borja, David M., Martín (3), Diego (4)

Colexiado: Julio López.

Partido correspondente á 11ª xornada de liga do Grupo 1 da 2ª División Cadete Masculina, disputado no Pavillón Municipal da Zona Escolar de Carballo contra o penúltimo clasificado da táboa, o Seis do Nadal de Coia ,que chegaba a Carballo con dúas victorias no seu casilleiro.

Reanudábase a liga despois do longo parón navideño que serviu para esquecer a mala racha de resultados do mes de decembro e tomar un aire novo de cara a estes últimos partidos da fase. O Procasa Xiria chegaba moi mentalizado da importancia deste encontro e así o demostrou dende o pitido inicial, xa que cunha boa defensa e unha boa efectividade en ataque rápidamente se ía distanciar no marcador. O equipo vigués seguiría tentándoo durante boa parte do partido pero o Xiria non se despistou e soubo manter a diferenza de goles.

Cabe salientar o bo partido de Calvete que logrou arrincar varias faltas en ataque ao longo do encontro e en tarefas ofensivas empregouse a fondo na posición de pivote, buscando espazos e traballando para os seus compañeiros. Tamén sinalar a capacidade goleadora de Joaquín e Ricardo con 8 goles cada un.

A seguinte xornada enfrontará ao Procasa Xiria co AC Ribeiro de Rivadavia último clasificado. Trátase dun partido moi importante, xa que de gañar e dándose outros resultados no grupo, podería ser que o Procasa Xiria quedase clasificado para a segunda fase a falta de dous partidos por disputarse, así que noraboa por estes dous puntos e moita sorte na vindeira xornada.