Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 30 – EM CAMARIÑAS 26

Garaysa Xiria (18+12) 30: Naya, Óscar (3), Diego (3), Puente (2), Iván (8), Alberto (1), Ramón (7) -equipo inicial- Néstor (1), David (5), Barreiro e Andrés. E M Camariñas (10+16)…

Garaysa Xiria (18+12) 30: Naya, Óscar (3), Diego (3), Puente (2), Iván (8), Alberto (1), Ramón (7) -equipo inicial- Néstor (1), David (5), Barreiro e Andrés.

E M Camariñas (10+16) 26: Félix, Héctor (8), Diego (1), Adrián (7), Xavier (9), Jesús (1), Barcia –equipo inicial- Cristian, Canosa, Carlos, Diango.

Árbitros: Srs. García e Portela, castigaron con once exclusións aos locais e catro aos visitantes, convertendo o feito de agarrar en sanción para o Garaysa e en golpe franco para o Camariñas.

O Garaysa Xiria logrou dous traballados puntos no duelo comarcal ante á EM Camariñas logo de gañar por 30 – 26. A primeira parte foi clara do Xiria cun parcial de 18 -10 e a segunda foi de cor camariñán conseguindo imporse por 12 – 16.

Xogábase moito neste partido o conxunto carballés que precisaba a vitoria para ter opcións de clasificarse para o Campionato Galego. Iniciou o partido moi centrado o Garaysa conseguindo as primeiras diferenzas en rápidas transicións que non tiñan resposta por parte do Camariñas. Unha defensa intensa e un ataque sinxelo e eficaz, no que destacaron Iván e Ramón, foi suficiente para que se chegase ao descanso con oito goles de vantaxe ante un conxunto visitante descoñecido e ao que lle ía vir moi ben o tempo de lecer.

Xa na segunda metade as tornas cambiaron e a defensa 3:3 do Camariñas impuxo a súa lei e non permitiu a continuidade necesaria no ataque carballés ao que se lle engadiu a renuncia ao contraataque que se mostrou coma a mellor arma durante os primeiros trinta minutos. So a defensa e a actuación de Naya na portería mantivo a diferenza a prol do Garaysa no electrónico permitindo a suma destes dous puntos vitais.

A vindeira semana pode quedar decidida a liga territorial norte xuvenil masculina. Unha vitoria dos carballeses ante o Bm Oleiros daría a clasificación matemática para o Garaysa, e unha derrota do Camariñas ante o Tirso a opción de acadar o primeiro posto.