GARAYSA XIRIA 31 – BM MOAÑA 36
Garaysa Xiria 31 (16+15): Daniel Buño, Óscar, Julián (11), Manuel (4), Iván (3), Enrique (3), Daniel García (1) -equipo inicial- Alberto (9), Gabriel, Jorge, Francisco, Raúl. Bm Moaña 36 (18+18):…
Garaysa Xiria 31 (16+15): Daniel Buño, Óscar, Julián (11), Manuel (4), Iván (3), Enrique (3), Daniel García (1) -equipo inicial- Alberto (9), Gabriel, Jorge, Francisco, Raúl.
Bm Moaña 36 (18+18): Borja (3), Sergio (2), Carlos José (4), Raúl (5), Brais, Carlos, Carlos Poñeiro (1), Ángel, Xesús, Abel (4), Héctor, Víctos (8), Alejandro (9)
Colexiado:
Os equipo infantil do Garaysa Xiria continua sen coñecer a vitoria e nesta xornada caeu derrotado no seu feudo por 31-36 fronte ao Balonmán Moaña.
Partido igualado, con unha primeira metade axustada, que deixaba o electrónico en 16-18 no intermedio. Os carballeses tiveron problemas en ataque con indecisións e algúns erros ao non decidirse a atacar. No plano defensivo o Garaysa utilizou unha defensa 3:3 presionante, que lle deu un bo resultado, cortando ´liñas de pase e provocando erros no equipo contrario.
Na segunda metade os de Carballo tiveron unha maior estabilidade ofensiva, con un Alberto Pereira moi acertado con nove goles e un Xulian Lopez decisivo con once. Os locais comezaron a ter máis confianza no seu xogo, aínda que o cansancio nos ultimos minutos e o físico do equipo rival provocaron desaxustes defensivos que impediron ao Garaysa conseguir os seus primeiros puntos.
Na vindeira xornada o Garaysa Xiria enfóntase a domicilio ao Teucro.