Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

SD TEUCRO NORBROK 44 – GARAYSA XIRIA 26

SD Teucro Norbrok 44 (19+25): Santiago, Aser (7), Rubén (7), José (9), Aarón (7), Miguel (5), Andrés (3) –equipo inicial- Arosa (3), Felipe (1), Matias (2), Diego, Domínguez, Martín. Garaysa…

SD Teucro Norbrok 44 (19+25): Santiago, Aser (7), Rubén (7), José (9), Aarón (7), Miguel (5), Andrés (3) –equipo inicial- Arosa (3), Felipe (1), Matias (2), Diego, Domínguez, Martín.

Garaysa Xiria 26 (11+15): Jorge, Julián (9), Enrique (2), Alberto (7), Dani, Iván (2), Manuel (5) -equipo inicial- Óscar, Raúl (1), Diego, Gabriel, Fran.

Colexiados: Pablo Goitia e Andrés Silsanz.

O Garaysa Xiria visitaba a pista do potente Teucro de Pontevedra. O equipo carballés, que está formado nasúa maioría por xogadores de 1º ano, aínda pouco formados fisicamente, colleitaba unha nova derrota. O Xiria terá que pasar por esta etapa de aprendizaxe e loitar ata o último partido de liga para conseguir manter a categoría na División de Honra. Augurábase polo tanto un partido sinxelo para os da casa, con unha altura e forza impropias da sua idade. O Garaysa, de calquera xeito, tivo un excelente inicio de partido e mandou no marcador ata o 7-6, no que o Teucro tomou a dianteira no electrónico. Os de Carballo facían dano á zaga pontevedresa, a pesar da súa menor antropometría, pero onde realmente radicaba o problema para os visitantes era na súa defensa, debido a maior forza e corpulencia dos seus rivais. O 19-11 do descanso falaba da diferenza dos dous equipos, pero tamén das cousas interesantes que estaban a facer na pista os carballeses.

Na reanudación, o Garaysa Xiria todavía melloraba no seu ataque, pero o esgotamento físico facía que se notase máis a superioridade do Teucro nesta faceta e de aí a cifra encaixada de 25 goles nesta segunda metade.

O partido foi, de calquera xeito, positivo para os carballeses, que seguen a acumular experiencia e minutos de xogo. Víronse cousas moi interesantes e de calidade que fan pensar que co traballo diario, moitos momentos gratos nos poden deparar estes rapaces no futuro, así que as estaturas e a forza,un aspecto tan importante neste deporte, se igualen coas dos seus contrincantes.