GARAYSA XIRIA 32 – BALONMÁN MOAÑA 29

Garaysa Xiria: 32 (17+15): Arnejo (5), Diego, Gabriel (5), Borja F., Alex (1), Eiroa (3), Borja R. (5), Juanca (10), Antón (1), Pablo (2) e Souto.

Bm. Moaña: 29 (16+13): Pérez (9), Barreiro (2), Piñeiro, Riobo (5), Barcia (5), Rodríguez (8) e Durán.

O Garaysa Xiria xogaba o primeiro encontro do ano como local, e chegaba con numerosas baixas, o que facía prever un encontro complicado contra un equipo como o Bm. Moaña sempre moi combativo e con xente moi forte fisicamente.

O partido comezou moi igualado con alternancia de goles para ambos os dous equipos, aínda que o Garaysa tomou unha pequena vantaxe grazas a súa maior efectividade en ataque. Ao Xiria levoulle tempo tomarlle a medida ao ataque moañés que utilizaba moito os pases e ao seu pivote para superar aos defensores carballeses. Cunha marcaxe máis intensa sobre o pivote, o Garaysa conseguiu atascar o ataque do Moaña, o que o levou a tomar vantaxes de ata 4 goles ao longo da primeira metade, pero unha pequena racha de perdas de balón en ataque igualou o encontro co 17-16 do descanso.

Tras a reanudación o Bm. Moaña amosábase moito máis canso, mentres que o Xiria non daba signos de cansanzo e non baixou a intensidade, nin en defensa nin nas transicións; pero tampouco era quen de tomar maior vantaxe ante un gran Moaña, que, fiel ao seu estilo, non deixou de pelexar pese a ir os 50 minutos perdendo. E tanto foi así que ata o último minuto os locais non puideron cantar vitoria.

Ao remate vantaxe de 3 goles para un Garaysa Xiria crecido ante as importantes baixas e onde xente que habitualmente dispón de menos minutos soubo levar a responsabilidade con valentía e acerto. Nora boa e agardamos que a vindeira fin de semana, na visita ao Bm Cangas o equipo siga amosando esta mellora.