IFECGÁS PEREIRA XIRIA 23 – S.D. TEUCRO SUPER. MOLDES 24

Ifecgás Pereira Xiria: 23 (14+9): Zúpez, Anes (3), Martín (2), Javi (2), Miguel (2), David (7), Rubén Gómez (1) -equipo inicial- Edu (1), Mario, Calvete, Bouzas (3), Iván, Álex (2), José.

S.D. Teucro Supermercados Moldes: 24 (13+11): Martín, Pombo (9), Álex (3), Dani (4), Santi (2), Aarón (4), Carlos (2) -equipo inicial- Rodrigo, Andrés, Iván, Gonzalo, David, Julio, Carballo.

Colexiados: Lucas Crespo e Pablo Álvarez.

Partido correspondente a 11ª xornada De liga na División de Honra en categoría xuvenil e que fora suspendido no seu día polas goteiras que presentaba o Pavillón Vila de Noia, debido ás adversas condicións climatolóxicas.

Enfrontábanse o líder, Ifecgás Pereira Xiria, e o segundo clasificado, S.D.Teucro, de aí a importancia do envite e a expectación que levou as gradarías do pavillón bergantiñán.

O partido era moito máis dramático para os da cidade do Lérez, que de perder quedarían descolgados do líder a oito puntos, aínda que con un partido menos. Os de Xiria en cambio, buscaban a vitoria para distanciarse de forma case definitiva na clasificación en busca do título galego. Non foi un bo partido por parte de ningún dos equipos, quizais atenazados pola importancia do mesmo e de aí os rácanos guarismos finais en dous equipos que poden presumir de ser dos máis goleadores da categoría.

De calquera xeito, hai que dicir que o equipo locatario mandou sempre no encontro e por ende no electrónico, aínda que con vantaxes que non daban lugar á relaxación. Parecía que co 9-5 o partido podíase romper no primeiro acto, pero a irregularidade dos dous contrincantes facía posible que os guarismos subiran e baixaran a favor ou en contra como unha gran onda. Por tal motivo, chegábase cun apretado 14 – 13 ao descanso.

Na reanudación as cousas non cambiaron demasiado, os carballesess marchábanse ata de tres goles, pero no eran capaces de aumentar a diferenza, debido sobre todo, como xa ocorrera no primeiro tempo, aos erros de lanzamento dende os seis metros. Con este panorama, os visitantes conseguían poñerse por diante no meridiano desta segunda metade, e aínda que fose tan só un momento, parecía un mal presaxio do que, a posteriori, ía suceder.

A falla de nove minutos os de Carballo gañaban de dous goles, pero estiveron ata seis minutos sen perforar a portería contraria, feito que os condenou de forma cruel. Cando só faltaban tres minutos para o desenlace, o Ifecgas Pereira seguía por diante, tan só por un gol, pero o porteiro do Teucro erixíase en inexpugnable e os seus compañeiros conseguían no último minuto coller a dianteira nun rexeitamento que levaba tanta fortuna como inxustiza, visto o acontecido. Aínda houbo tempo para un último lanzamento dende o extremo pero o inexpugnable gardameta visitante daba o triunfo os pontevedreses, 23-24.

A pesar de non facer un bo partido, o equipo carballés saíu derrotado polo bo facer do porteiro visitante e os erros cometidos en lanzamentos sinxelos un contra o porteiro. Ata máis de unha dúcia destes lanzamentos foron errados: dous penaltis, contraataques, lanzamentos dende a zona de pivote, en penetración, dende os extremos… Un día fatídico que a pesar de todo mantén os de Carballo líderes da liga a falta de nove partidos tan só para rematar a competición.