Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 32 – CAIXANOVA OAR 21

Garaysa Xiria (15+17) 32: Miguel, Óscar (4), Diego (6), Puente (5), Iván (3), Alberto (2), Ramón (6) -equipo inicial- Naya, Zas (2), Néstor, Borja, David, Barreiro (4) e Andrés. Caixanova…

Garaysa Xiria (15+17) 32: Miguel, Óscar (4), Diego (6), Puente (5), Iván (3), Alberto (2), Ramón (6) -equipo inicial- Naya, Zas (2), Néstor, Borja, David, Barreiro (4) e Andrés.

Caixanova OAR (10+11) 21: Roberto, Daniel (7), Jorge (2), Fernando (6), Denis (2), Alberto (6)

Árbitros: Sr. Vicente Pérez. Sen influencia no marcador.

Primeiro partido da liga Territorial Xuvenil Norte para o Garaysa Xiria que se saldou cunha vitoria ante o Caixanova OAR por 32 goles a 21, no descanso xa mandaba o cadro carballés por 15 a 10.

Non comezaron ben as cousas cando só se presentou un dos colexiados designados para dirixir o encontro xa que o Sr. Pereira Navaza non acudiu por motivos descoñecidos. Pero non acabou todo nesta anécdota, e o conxunto visitante presentouse so con seis xogadores (incluído porteiro) para disputar o encontro. Xa é a terceira vez esta tempada que pasa por tal situación o Garaysa, contribuíndo ben pouco ao espectáculo deportivo.

Non se poden sacar moitas conclusións do visto na Zona Escolar o domingo pola mañá, cun conxunto visitante –se así se pode chamar- incompleto e o Xiria totalmente descentrado dende que viu o que lle esperaba nos sesenta minutos de, por chamalo dalgún xeito, partido. Mais os xoves xogadores carballeses deberían amosar o seu enfado e malestar con estas situacións no terreo de xogo tentando de deixar na pista o mellor de si mesmos independentemente de quen se encontre diante e poñendo aos seus “rivais” na situación que se merecen e non permitindo que se vaian para a casa coa sensación de ser superiores no caso de poder xogar un partido sete contra sete.

Agardamos que sexa a derradeira vez que aconteza un feito coma este, polo ben do balonmán.

A vindeira xornada o Garaysa viaxa a Camariñas para disputar a terceira xornada de liga, toda vez que na primeira tocoulle descansar.