GARAYSA XIRIA 40 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES “A” 27

XORNADA 1

29/09/2012

Nos dispomos dos datos posto que o colexiado designado para arbitar o encontro non se presentou ao mesmo, dirixindo o partido o tamén colexiado Brais Puñal que se atopaba no pavillón e accedeu a pitalo.

Esta fin de semana arrincaba a liga de división de honra infantil masculina e o Garaysa Xiria facíao da mellor maneira posible, gañando con superioridade ante a súa afección.

Aínda que o encontro comezou con numerosas imprecisións por parte de ambos equipos, froito dos nervios propios do debut, os de Carballo non tardaron en ir tomando vantaxe no marcador, impoñendo o seu xogo ante os de Vigo, defendendo con moita presión e rematando con rápidos contragolpes.

A diferenza no electrónico a prol do Garaysa chegou a ser de ata 15 goles ao comezo da segunda metade, e quizáis ese exceso de confianza foi o que levou ao equipo a relaxarse demasiado caendo en varias perdas consecutivas de balón, rematadas por contras do Lavadores. As diferenzas no marcador recurtáronse case á metade, sen poñer tampouco en perigo a vitoria local, pero si o suficiente para darlles de novo folgos a un equipo que xa estaba derrotado. Un tempo morto por parte do Garaysa serviu para calmar os nervios e para que o equipo volvese ter a intensidade necesaria para aumentar de novo a renda de goles e levarse o encontro cun resultado xusto tras o visto no terreo de xogo.

A vindeira semana o equipo viaxa a Vigo para afrontar a 2ª xornada, esta vez o rival será o Octavio e de seguro que viviremos un encontro moito máis igualado. O partido dispútase o sábado, ás 10.00 h, no Frontón.