Garaysa Xiria: 45 (22+23): Manuel, Pablo (2), Antón (1), Arnejo (3), Gabriel (6), Xurxo (3), Alex (3), Calvo (12), Eiroa (2), Borja R. (3), Pereira, Juanca y Carlos (10).
Bm. Porriño: 33 (17+16): Freire, Alonso (1), Franco (3), Míguez (4), González (6), Prado, Barros (1), Dávila, Moreiras (1), Fandiño (6), Isidro (10) y Loureiro (1)
O Garaysa Xiria volvía encontrarse coa súa afección logo da derrota contra o Bm. Cangas en terras do Morrazo, e facíao con ganas de resarcirse e volver así á senda da vitoria. Tentouno dende o inicio, pelexando para que os dous puntos quedaran en Carballo. Enfronte encontráronse un balonmán Porriño moi loitador que obrigou ao Xiria a sacar o mellor de si mesmo, e non foi ata os últimos dez minutos de encontro cando as diferenzas no marcador se dispararon a prol dos carballeses.
O partido comezou con moita intensidade na pista e moi igualado no marcador. O Garaysa Xiria tentaba darlle maior ritmo as transicións, pero os ataques do Porriño acababan sempre con lanzamentos, o que facía máis complicado sorprender ao contragolpe. Non foi ata mediada a primeira metade cando o Xiria comezou a tomar vantaxe, e fíxoo moi timidamente, aproveitando uns minutos de maior ofuscamento dos rivais onde os rapaces do Garaysa apertaron e puideron roubar varios balóns e transformalos en rápidos contragolpes. Pero o Porriño volvía a axustar en ataque e a diferenza non foi máis aló dos 5 goles ao descanso, o que deixaba o partido aberto de cara a segunda metade.
Os visitantes saíron moi fortes en ataque tras a reanudación, co seu xogador máis determinante moi inspirado, non lle tremeu o pulso e botándose ao seu equipo ás costas asumiu a faceta goleadora do Porriño, e durante 10 ou 15 minutos foi suficiente para non deixar escapar ao Garaysa, que xogando a un mellor balonmán mantíñase por encima, pero non era quen de frear o ataque dos visitantes, co que o partido seguía aberto (34-30, min. 15 da segunda metade).
O Xiria subiu a liña defensiva para tentar crearlle máis problemas ao ataque rival e vaia se deu resultado, un parcial de 11-3 nos últimos dez minutos catapultaban ao Garaysa a unha vitoria clara e xusta, colocando o 45-33 ao remate do encontro.
Agora o Xiria afronta unhas semanas de partidos moi duros contra os rivais máis fortes da competición, o primeiro contra o S.A.R. en Redondela o próximo Sábado.
