S.A.R. “A” 37 – GARAYSA XIRIA 25

S.A.R. “A”: 37 (20+17): Amoedo, Táboas, Soutullo (9), Bouzón, Lores, García (11), Alfaya (4), Lago (5), Santamarta, Sanromán (5), Vidal (1), Muñíz, Chillón (2).

Garaysa Xiria: 25 (11+14): Arnejo, Carlos (3), Gabriel (8), Diego, Pablo (2), Iván (5), Borja F., Álex (2), Eiroa (1), Borja R. (2), Xurxo (2), Souto.

Non puido o Garaysa contra as adversidades nesta ocasión. Os infantís do Xiria saíron sen moito convencemento de poder levar o partido, desanimados polas importantes baixas coas que se afrontaba o encontro. Xa dende o quecemento a intensidade non foi a de sempre e as sensacións transmitidas non presaxiaban nada bo. E así foi, os de Carballo non opuxeron case resistencia a un SAR que tampouco necesitou facer un gran balonmán para tomar ampla vantaxe dende o inicio.

Os visitantes non andiveron nada finos en tarefas defensivas. Os constantes erros permitían aos locais perforar a portería defendida por Souto con demasiada facilidade, sen que iste puidera facer nada para evitalo. Coma a maioría dos ataques rivais remataban con lanzamentos á portería era moi complicado despregar un xogo de contragolpe, principal arma do Garaysa, e a inferioridade física facíase notar no ataque posicional ante a defensa 5-1 moi pechada do SAR. O 20-11 reflectido ao descanso daba boa conta do visto no encontro.

Na segunda metade o partido seguiu a mesma liña. So na recta final, cun marcador moi desfavorable, o Garaysa, ferido no orgullo, botou peito e fixo un final de encontro bastante bo, cunha intensidade moi superior ao resto do partido. Pero non serviu para maquillar un resultado, que foi xusto tralo visto na pista, pero que non se corresponde co nivel de ámbos os dous equipos.

Agora toca recompoñerse e agardamos que non volva a suceder o mesmo no resto de partidos que lles faltan por xogar. Na seguinte xornada o Garaysa recibe a outro dos equipos fortes da categoría, o Bueu Atlético Balonmán, o domingo ás 12.00 h no Pavillón Municipal Carballo Calero.