GARAYSA XIRIA 45 – BM. ÁRTABRO EMEDE 23
XORNADA 9 25/11/2012 Garaysa Xiria: 45 (23+22): Arnejo (1), Carlos (8), Vila (4), Ronaldo (1), Tasende (3), Antonio, Tito (3), Souto, Brais (2), Xurxo (5), Juanca (4), Antón (6), Andy…
XORNADA 9
25/11/2012
Garaysa Xiria: 45 (23+22): Arnejo (1), Carlos (8), Vila (4), Ronaldo (1), Tasende (3), Antonio, Tito (3), Souto, Brais (2), Xurxo (5), Juanca (4), Antón (6), Andy (3), Fran (2), Daniel (3).
Bm. Ártabro: 23 (16+7): Lorenzo (4), Balado (1), Varela, Eiriksson (5), Güeto, Gabriel (4), Manrique, Queijeiro (2), Rodríguez, Mouriño (1), Martínez (6), Macho.
Colexiadas: Juana Garrochena y Sara Pombo.
O Garaysa Xiria segue amosando a súa evolución nestas últimas xornadas. A semana pasada xa deixara unha boa imaxe no encontro fronte o OAR, que non puido culminar cunha vitoria, sen embargo nesta ocasión o equipo solucionou o encontro xa na primeira metade fronte a un rival que so plantou cara durante os primeiros compases do partido.
O Xiria comezaba con moita seguridade en ataque acadando sempre lanzamentos cómodos dende curta distancia que remataban no fondo da rede. En defensa o equipo tamén estivo fino e non tardou en comezar a recital de contragolpes que pronto puxo terra de por medio no marcador.
Cunha elevada intensidade defensiva e xogando de xeito colectivo en ataque o Garaysa chegaba ao descanso cunha vantaxe considerable de 7 goles que deixaba todo a favor para a segunda metade.
Tras o cambio de campo, o Xiria saíu coma unha apisoadora e non deu opción algunha ao seu rival, que vía como, en cuestión de minutos, a brecha no electrónico facíase xa insalvable. A partir de aí o encontro foi un monólogo do Garaysa que, lonxe de perder a intensidade defensiva, fartouse a roubar balóns e correr contragolpes. Boa mostra é o parcial da segunda metade, 22-7 a favor dos locais.
A vindeira xornada o equipo afronta o partido máis complicado do que resta da primeira volta, visita a cancha do segundo clasificado, o Bm. Cangas, nun encontro onde poderemos valorar a evolución tan positiva que estamos a ver no equipo, esta vez contra un rival que sen dúbida, oporá unha maior resistencia.