XORNADA 8
25/11/2012
Grupo Lemaco Xiria: 37 (20+17): Buño, Iván (16), Pereira (2), Enrique (8), Dani (4), Gabriel, Lolo (6) -equipo inicial- Calvo, Pablo (1), José Eiroa, Diego, Andrés, Jorge.
Bm. Cangas Gaspo Catalana Occidente: 29 (8+21): Brais, Eloy (6), Darío (8), Pablo (3), André (4), Xoán (3), Erik (2) -equipo inicial- Adrián (1), Víctor, Óscar, Saul, Alberto (2), Abel.
Colexiadas: Alba Currás e Soraya Abelenda.
Os cadetes das Escolas de Balonmán Xiria conseguiron dous puntos importantísimos nesta oitava xornada da liga de División de Honra fronte ao Balonmán Cangas, un equipo que atesoura moita calidade nas súas filas e que está chamado a competir por cotas similares ás dos nosos rapaces..
Os locais comezaron o envite moi metidos e concentrados no traballo, pero o equipo foráneo non lle ía á zaga e mantiña o pulso tanto no marcador como no xogo. Os primeiros dez minutos transcorrían cunha absoluta igualdade e vantaxes mínimas cara a ún ou outro bando. Non foi ata pasado ese tempo cando as cousas comenzaron a cambiar a prol do Xiria coa primeira exclusión por dous minutos dos de Cangas. Un parcial de 7-2 para os nosos nos seguintes dez minutos e outro contundente de 6-0 nos últimos dez dibuxaba un panorama ideal para os carballeses cara á segunda metade. O ataque posicional do equipo carballés encontrábase cómodo e era capaz de atopar os espazos na defensa visitante de forma sinxela. O ritmo alto a a claridade de ideas levaban en volandas ao Grupo Lemaco, que, no descanso, mandaba cun marcador certamente avultado (20-8).
A segunda parte comezou co equipo do Morrazo amosando unha maior rapidez e intensidade. Un Cangas agresivo na procura de mellores sensacións que as que tivera no primeiro acto e disposto a poñer todas as súas armas en xogo para non darse por vencido, a pesar da diferenza que presentaba o electrónico. Nesta reanudación, os do Morrazo tomaban o mando do xogo e conseguían en dez minutos os mesmos goles que en toda a primeira parte, con un parcial de 6-8. Pero, a pesar de que o Grupo Lemaco non encontraba agora solucións sinxelas no ataque posicional, si foron capaces de apretar os dentes en defensa para superar a adversidade dun segundo tempo igualado. Ao final do encontro o marcador reflectía un 37-29 que deixa dous puntos importantísimos en Carballo e consolida ao Grupo Lemaco Xiria na terceira posición da taboa clasificatoria a tres puntos do líder, pero con un partido menos os carballeses.
Na próxima xornada, o Grupo Lemaco Xiria xogará a domicilio na pista do Bueu Atl.. Un partido importantísimo para os intereses de ambos conxuntos posto que os de Bueu son segundos con un punto e un partido máis que o Xiria.