Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Gran defensa para levarse o Derbi

Derbi provincial con clara cor para os da capital de Bergantiños, que baseándose na súa defensa se fixeron de xeito incontestable con puntos en xogo. Tanto foi así que deixaron…

Derbi provincial con clara cor para os da capital de Bergantiños, que baseándose na súa defensa se fixeron de xeito incontestable con puntos en xogo. Tanto foi así que deixaron ao equipo máis goleador da liga con 32,25 de goles de media en 17 tantos. Enorme o traballo en defensa e portería o do conxunto carballés que si xa dende o inicio estivo a un gran nivel, foi crecendo co paso dos minutos até se converter nun muro infranqueable para os coruñeses.
Gran partido que fixo vibrar ao numeroso público que se deu cita no Vila de Noia. Saíron os dous equipos con gañas de amosar as súas mellores armas para marcar as primeiras diferenzas no marcador. Golpearon primeiro os locais, que impediron que o Oar marcase nos primeiros cinco minutos, marcando o que sería o camiño da vitoria. Foi un traballo de sesenta minutos, nos que o Calvo Xiria gañou nove dos doce parciais de cinco minutos, non permitindo que os branquiazuis tivesen opcións. O traballo de continuidade en ataque daba tamén os seus froitos e dende todos os postos resultaba perigoso o Xiria logrando que moitos lanzamentos se realizaran dende os seis metros. Unha gran vitoria para irse de parón de Nadal.
Partido moi especial para Carlos A. Lema García “Cuco”, que logo de estar vencellado a Escolas Balonmán Xiria durante 20 anos de gran traballo e progresión ten que deixar o equipo para seguir ca súa progresión laboral moi lonxe de Carballo. Todos os compoñentes de Escolas Balonmán Xiria desexámoslle o mellor nesta nova andaina. Tamén moi especial para Pablo Iglesias Fraga que por mor dunha operación estará de baixa durante uns meses, pero apoiando dende a bancada, e agardamos que no prazo máis breve posible dende a pista, aos seus compañeiros.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia con preto de 450 seareiros nas bancadas. Colexiados: Jon Cid Mateos e David Mateos González do colexio vasco, sen complicacións. Castigaron con exclusión a Sergio Facal (15´), Carlos A. Lema (32´e 39´), Ramón Suárez-Pumariega (43´e 47´) por parte local, namentres polo Oar Coruña foron sancionados Alfonso Fraga (8´e cartón vermello no 13´), Yoel García (26´), Sergio Sarasola (41´)7 metros: Calvo Xiria 2//2, Oar Coruña 3//3. Marcador cada 5 minutos: 3-0, 5-2, 9-5, 9-7, 10-7, 13-8, descanso, 16-10, 18-11, 20-12, 23-12, 24-14, 28-17.

CALVO XIRIA 28 (13+15): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Carlos A. Lema (3), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (1), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán (6), Pablo Iglesias (7), Carlos Vilanova (4), Gonzalo Pombo, Mario García de Seárez, Ramón Suárez –Pumariega (1), Jorge Bouzas.

OAR CORUÑA 17 ( 8+9): Ignacio Santos [p], Roberto Casero [p], Miguel Lozano (2), Víctor Couceiro (2), Borja Tajes, Daniel Angeriz (1), Yoel García (4), Sergio Sarasola, Diego Martínez (6), Alfonso Fraga, Aresio Rosende (1), Juan Torres, Alex Sotelo (1).