Un Goldie Xiria moi mermado caeu derrotado en Caselas

Balonmán Caselas 24  – Goldie Xiria 16   (14-8)

Devolvía visita ao segundo clasificado o Goldie Xiria, pero facíao con moitas baixas e con poucos efectivos para un complicado encontro contra un Caselas que se afianza na segunda posición e aspira a xogar a fase polo ascenso.

Saíu con moito empuxe o Xiria, dominando o encontro e atopando en Adriana polo extremo esquerdo o estilete que conseguía dobregar a defensa local, ata que apareceu a porteira local, Vanesa, anulando completamente os lanzamentos sobre todo das primeiras liñas do Goldie, que case se foron de valdeiro neste encontro, acusaron a fortaleza do centro da defensa do rival e por veces o consentimento arbitral, e accións moi duras contra as carballesas.

Tras o 14 a 8 da primeira metade, e con tan so un cambio pola lesión de Raquel, o Goldie intentouno, forte e efectivo en defensa, pero incapaz de superar claramente a porteira rival nas veces que se plantaban con claridade diante dela, tan so dende os extremos e o pivote as xogadoras eran quen de bater a meta contraria, quedándose en 16 goles a favor, insuficientes ante un rival desta talla.

Balonmán Caselas 24 : Vanesa e Zara (porteiras), Paula 4, Silvia, Antía 6, Sandra 7, Noelia 3, Lorena, Yolanda 2, Aida 1, Cristina, Marta 1 e Iris

Goldie Xiria 16: Leticia Casal (porteira) Marta Regueira 3, Jessica Posse 1, Zeltia Landeira 1,  Juana Garrochena 1, Raquel Gómez 3, Elena Segade 2, Laura Carracedo e Adriana Gómez 5.

Arbitraron: Andrés Hermida e Andrea Argibay, excluíron a Paula e Noelia polo Caselas.