Gran vitoria do Calvo Xiria para afianzar o liderato

A vitoria 31-25 diante do Balonmano Reconquista Vigo permite ó Calvo Xiria manter o liderato con catro puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores.

O Vila de Noia presentou unha boa entrada nun encontro chave na loita polo título da 1ª autonómica feminina.  Tras uns primeiros compases de tanteo, o Xiria, con Lara Otero moi inspirada, acadaba unha renda de tres goles (9-6), malia que non conseguía dominar o encontro. Unha serie de perdas no ataque carballés permitía as olívicas dar o volta o marcador (11-12). Nos derradeiros minutos de primeira metade o Xiria comezaba a dominar varias fases do xogo, pero a boa actuación da porteira visitante impedía agrandar a distancia e chegábase o descanso cunha mínima vantaxe 17-16.

Á volta dos vestiarios, o espectular arranque do Xiria liderado por Raquel deixaba unha renda de catro goles nos primeiros cinco minutos (20-16). Os intentos visitantes por darlle a volta o marcador foron en balde, coas carballesas moi entonadas en todas as facetas do xogo e coa afección sendo unha xogadora máis. 

Resultado final 31-25, gran partido coral das nosas e paso de xigante  cara o título ante un rival directo. Esta semana as nosas volven ter unha dura proba diante do Bm. Cangas, outro aspirante máis a estar nos postos máis altos da táboa.