IFECGÁS PEREIRA XIRIA 18 – ACADEMIA OCTAVIO ÓPTICA VARELA 21

XORNADA 1

07/10/2012

Ifecgás Pereira Xiria: 18 (10+8): Zúpez, Edu(3), Martín (2), Javi, Alberto (2), Jorge (2), Rubén Gómez -equipo inicial- Calvete (5), Anes (2), Óscar, Buño, Álex, José, Julián (2).

Academia Octavio Óptica Varela: 21 (8+13): Pedro, Álex, Antón (1), Dani (5), Víctor (6), Pablo (3), Rogelio (1) -equipo inicial- Jesús , Xurxo, López (2), Iglésias, Fernández, Conde, Rubén.

Colexiados: Fernando Eiras e Alberto Fernández.

Afrontaba, o Ifecgás Pereira, o primeiro partido da liga na División de Honra Xuvenil.O equipo local iniciaba a súa andaina na competición defendendo o título conquerido o pasado ano, pero enfronte tiña un potente rival que xa conseguira batilo fai oito días na Copa Federación.

Foi un encontro extraño, propio dun inicio de competición, cos dous equipos mostrándose erráticos nas suas accións. Non había un dominador claro e as perdas de balón, así como os erros non forzados debuxaban unha primeira parte fea e sen ritmo, onde os porteiros superaban con moito ao que estaba a suceder fora das áreas. Neste contexto e cando xa nos atopábamos no meridiano desta parte, o electrónico reflectía un inusual 4-4, que ao final dos primeiros trinta minutos non era moito máis avultado (10-8).

A pesar de todo, parecía que o Xiria podía dar unha estocada final na segunda parte, só con alcanzar a intensidade e acerto ao que nos ten acostumados. Pero os acontecementos foron ben distintos, xa que, en apenas dous minutos, os e Vigo empataban o envite e dominaban claramente o xogo no 40×20. Non tardou o equipo olívico en alcanzar unha máxima renda de tres goles e a partir de aí todo foi moi costa arriba para os bergantiñáns. Aínda así, tal e como nos teñen acostumados estes rapaces sacaron forzas e caracter para acercarse no marcador a tan só un gol. A falta de tempo e a defensa individual un tanto xa a desesparada non surtíu efecto nos últimos compases e o Octavio lévase dous puntos de ouro para a Vigo con ese resultado curto de 18-21.

A próxima fin de semana, o Ifecgas Pereira terá que ir a conseguir os dous puntos a unha complicadísima pista como é a do Teucro de Pontevedra. A vitoria faise esencial para non perder comba respecto aos postos altos da taboa clasificatoria nas primeiras de cambio e en definitiva a loita polo título un ano máis.