ACADEMIA OCTAVIO “A” 42 – GARAYSA XIRIA 34

XORNADA 2

06/10/2012

Academia Octavio “A”: 42 (22+20): Daniel, Gabriel (5), Alex (3), André (2), Gonzalo (6), Mario (4), Alonso (5), Lois (5), Samuel (3), David (2), Carlos (5) y Diego (2)

Garaysa Xiria: 34 (16+18): Arnejo (3), Fran (2), Vila (1), Tito (4), Tasende (2), Carlos (3), Xurxo (2), Juanca (10), Antonio, Daniel (4), Brais (1), Andy (2), Antón y Souto.

Segunda xornada do campionato de liga e primeiro partido comO visitante do Garaysa Xiria, que madrugaba para viaxar a Vigo onde ía enfrontarse ao Academia Octavio.

O encontro comezou moi igualado, con alternativas no marcador e cun ritmo demasiado acelerado por parte dos dous equipos, seguramente provocado polos nervios propios dun inicio de liga. Quizá a condición de local deulle máis seguridade ao Octavio, que non tardou en mostrarse máis sobrio sobre o terreo de xogo que o Garaysa, que seguía caendo en erros de precipitación na elección dos pases ou das situacións de lanzamento, así coma en erros de concentración en tarefas defensivas, que eran ben aproveitadas polo Octavio para distanciarse no marcador.

A desvantaxe que amosaba o electrónico non axudaba aos do Xiria a calmar os nervios e boa mostra son as numerosas perdas de balóns non forzadas que remataban co balón en mans de algún defensor do Octavio e propiciando rápidos contragolpes para o equipo académico.

Pero no encontro tamén se viron momentos moi bos do Garaysa, con claridade en ataque e concentración defensiva. Juanca foi todo un referente ofensivo no Xiria, dende o extremo ou dende as posicións de primeira liña era un auténtico pesadelo para a defensa do Octavio.

Pese a ir por debaixo no marcador a maior parte do encontro o Garaysa tivo opcións de levarse os dous puntos ata os últimos minutos. Cando a defensa atinaba e traballaba en equipo os contragolpes sucedíanse e as diferenzas reducíanse, dando folgos aos carballeses e meténdolle o medo aos locais, que neses momentos de maior tensión tiraban de poderío físico meténdolle balóns arriba aos seus enormes pivotes.

Ao remate 42-34, que deixa ao Garaysa sen premio, pero coa seguridade de que a experiencia vivida serve para facer crecer ao equipo e para que eses xogadores de primeiro ano, sen experiencia na categoría, vaian deixando os seus medos atrás e amosando do que realmente son capaces.

Moita sorte no vindeiro encontro que será o Sábado 13 ás 12h no Pavillón Vila de Noia fronte ao SAR de Redondela.