Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27 – CLUB CISNE DE BALONMÁN 35

Ifecgás Pereira Xiria: 27 (16+11): Igor, Brais (7), Iago (6), David (6), Miguel (4), Cristian (1), Mario -equipo inicial- Ricardo, Dani, Alvarito, Jorge Viñas(1), Martín, Joaquín (2), Luís. Club Cisne…

Ifecgás Pereira Xiria: 27 (16+11): Igor, Brais (7), Iago (6), David (6), Miguel (4), Cristian (1), Mario -equipo inicial- Ricardo, Dani, Alvarito, Jorge Viñas(1), Martín, Joaquín (2), Luís.

Club Cisne de Balonmán: 35 (16+19): Antonio, Andrés (9), Chan (5), Pablo (6), Estanislao (5), Lino (2), Miguel (3) -equipo inicial- Javi (4), Jaime, Piñón (1), M. Latas, Aritz, Julian, André.

Colexiado: Abel Juncal e Julio Villanueva.

O Ifecgás Pereira Xiria disputou o lúns, 1 de novembro, o encontro correspondente á cuarta xornada de Liga na División de Honra xuvenil, partido trasladado do fin de semana por mor da convocatoria do xogador carballés David García Pichel coa selección nacional promesas.

Os de Carballo, que afrontaban un encontro de poder a poder fronte ao equipo pontevedrés, conxunto chamado a loitar os postos máis altos da táboa clasificatoria, fixeron unha excelente primeira metade, onde o balonmán practicado por un e outro equipo fixo disfrutar aos moitos seguidores presentes no Vila de Noia.

Este primeiro asalto foi moi igualado e con alternativas no marcador, con diferencias curtas a favor de un e outro equipo. Os dous conxuntos amosaron moita calidade nas suas accións e desplegaron sobre o parqué da pista carballesa un balonmán certamente atractivo cara ao espectador. No intermedio o electrónico reflectía u8nha igualada a 16 que auguraba un segundo acto cheo de disputa e emoción.

Pero o equipo visitante aproveitou a segunda parte para distanciarse no marcador, o seu técnico pantexou unha defensa mixta sobre o xogador do Xiria David. Este feito que provocou un pequeno atasco no ataque carballés. Os do Ifecgás Pereira seguían a loitar polo trunfo, pero nin a situación de 5×5 nin a saída da mixta por parte do xogador local daban os seus froitos. Os visitantes aproveitaban os ataques errados por parte dos bergantiñáns para lanzar rápidos contragolpes e así incrementar pouco a pouco a diferencia ata ese 27-35 final.

De calquera xeito, os de Xiria mostraron unha boa e ilusionante faciana para seguir traballando, fixeron unha excelente primeira parte e na segunda foron superados por un forte conxunto, un dos mellores da liga, que desequilibraron o choque na reanudación. Os carballeses loitaron e competiron ata o derradeiro segundo e, por iso, é xusto estar satisfeitos. Simplemente hoxe saíu cruz, pero en sucesivos enfrontamentos non hai duda que sairá cara.

O vindeiro encontro para o Ifecgás terá lugar o vindeiro sábado, ás 12.15 h, na pista do lalín Arena, fronte ao Clínica Deza Balonmán Lalín.