VIPECÓN XIRIA 43 – CLUB CISNE DE BALONMÁN 21
Vipecón Xiria: 43 (15+28): Zúpez, Javi (4), Martín (8), Anes (4), Jorge (1), Álex (4), Rubén Gómez (11) -equipo inicial- Calvete (4), Luís (1), Óscar (1), Jose, Alberto (1), Edu…
Vipecón Xiria: 43 (15+28): Zúpez, Javi (4), Martín (8), Anes (4), Jorge (1), Álex (4), Rubén Gómez (11) -equipo inicial- Calvete (4), Luís (1), Óscar (1), Jose, Alberto (1), Edu (2), Cristian (2).
Club Cisne de Balonmán: 21 (7+14): Juan, José (4), David (6), D. Gonzalez (1), César, Javi (3), Anxo -equipo inicial- Iago (5), Conde (1), Santi, Sergio, Aarón(1).
Colexiado: Abel Juncal e Julio Villanueva.
O Vipecón Xiria obtivo outra incontestable vitoria na cuarta xornada de liga na División de Honra cadete, desta volta foi o Cisne o que tivo que sufrir o bo facer do equipo carballes. Esta vitoria fai que o Vipecón se manteña no máis alto da clasificación debido a súa mellor golaveraxe xeral con Teucro e Lalín. Precisamente o cadro dezano será o próximo rival dos carballeses.
A primeira metade foi claramente de dominio local dende o inicio, a defensa do Vipecón impúxose, e de que maneira, ao ataque dos pontevedreses. Os carballeses mataban o partido ao contaataque e desplegaban sobre a cancha do Vila de Noia un balonmán rápido, dinámico e atractivo. No descanso o encontro xa estaba case finiquitado con un 15-7 a prol dos locais.
A segunda parte non tivo historia, os do Xiria apretaban o acelerador e facían un parcial de escandalo neste acto, 28-14, que deixaba ben claro as diferenzas entre os dous equipos nestes intres. Os do Lérez, resignados, agardaban con ansia o pitido final por parte dos colexiados.
Ao remate, un 43-21, permite aos de Carballo conseguir os oito puntos en xogo ata o momento e, polo tanto, un pleno de victorias que os aupan a unha posición idonea para visitar o Lalín Arena, o vindeiro sábado ás 11.00 h, para enfrontarse ao Portadeza Lalín nun apaixoante e importante partido na loita polos postos de honra.