Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 28 – FISHING WORK VIVEIRO 24

Calvo Xiria (14+14) 28: Guillín (1), Fernando (3), Javi Zas (3), Eloy (2), Manuel (8), Aitor (1) e Rubén -equipo inicial- Raúl (3), Barreiro (1), Hugo, Alfredo, Diego Díaz (2)…

Calvo Xiria (14+14) 28: Guillín (1), Fernando (3), Javi Zas (3), Eloy (2), Manuel (8), Aitor (1) e Rubén -equipo inicial- Raúl (3), Barreiro (1), Hugo, Alfredo, Diego Díaz (2) e Sergio (4).

Fishing Work Viveiro (8+16) 24: Sergio, Carlos (1), Javier (6), Miguel (1), Óscar (7), David Villares (5) e Julio (2) -equipo inicial – Antonio, David (1), Sergio, Alejandro, Rubén (1) e Alejandro Marino.

Árbitro: José Ignacio Pereira. Ben. Sen complicacións.

O Ifecgás Pereira Xiria conseguiu o seu terceiro triunfo consecutivo, noutras tantas xornadas, en encontro pertencente á liga en Segunda División Autonómica. O equipo carballés deu conta do conxunto que adestra Juan Fernández, nun partido dominado con claridade polos locais. O Viveiro sorprendeu a un impreciso Xiria no comezo do choque, índose cun parcial de 0-3 nos primeiros minutos. As perdas de balón dos locais e a súa imprecisión no lanzamento facían que, ata o minuto 8, non anotara o Xiria o seu primeiro gol. Sacudido o nerviosismo inicial, o Ifecgás Pereira Xiria foi impoñendo o seu estilo, asentando a defensa e movendo con fluidez o balón en aaque, o que lle permitía poñerse por diante no marcador e ir distanciándose pouco a pouco do seu rival ata chegar ó descanso cunha renda de 6 goles (14-8).

O Ifecgás Pereira Xiria saiu demasiado relaxado na reanudación e concedeu demasiadas facilidades defensivas a un Viveiro que, a través da súa primeira liña, conseguía reducir as distancias no marcador pouco a pouco. E a piques estivo de culminar a súa remontada cando, a falta de pouco máis de cinco minutos para o remate do partido, conseguía poñerse a un gol (23-22). A posterior exclusión do visitante Julio aproveitaríaa o Xiria para volver a coller, de xeito inmediato, unha renda de tres goles e converter o final de partido nun trámite para os locais. O final, vitoria de catro goles para o Ifecgás Pereira Xiria, que se mantén no máis alto da clasificación de Segunda Autonómica.