Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CAIXANOVA OAR 21 – GARAYSA XIRIA 23

Bm. Oleiros (13+8) 21: Roberto, Fernando (5), Denis (3), Daniel (3), Juan (1), Mahía (6), Francisco (2) –equipo inicial- Jacobo, Jorge, Alberto (1), Ramón. Garaysa Xiria (11+12) 23: Miguel, Óscar…

Bm. Oleiros (13+8) 21: Roberto, Fernando (5), Denis (3), Daniel (3), Juan (1), Mahía (6), Francisco (2) –equipo inicial- Jacobo, Jorge, Alberto (1), Ramón.

Garaysa Xiria (11+12) 23: Miguel, Óscar (4), Diego (5), Iván (3), Ramón (8), Alberto (1), David (2) -equipo inicial – Néstor, Borja, Puente, Andrés, Rodrigo.

A terceira xornada do “Trofeo Delegación Territorial” na categoría xuvenil masculina enfrontou ao Caixanova OAR e ao Garaysa Xiria no Pavillón San Francisco Xabier da Coruña. O resultado final favoreceu aos carballeses por 21 a 23, no descanso o marcador sinalaba un parcial de 13 a 11 a prol dos locais.

O partido non foi bo parte de ningún dos dous equipos, que caeron en continuas perdas de balón e erros de lanzamento en situacións moi claras, pero si que mantivo a tensión xa que non se pasou dunha diferencia de catro goles e a maior parte do encontro desenvolveuse nunha constante alternancia no equipo que ía por diante no electrónico.

Cabe subliñar a constancia dos xogadores dos dous equipos que en ningún momento perderon a cara ao encontro tratando de acadar os dous puntos en xogo coma se dunha final se tratase, e quizais nese exceso de ansiedade pódese atopar a explicación á cantidade de erros cometidos. Ansiedade derivada da igualdade nos partidos disputados polas dúas plantillas.

A vindeira xornada descansa o cadro carballés do Garaysa Xiria, debido á retirada do conxunto xuvenil do Bm. Narón.