IFECGÁS PEREIRA XIRIA 31 – RASOEIRO BM 26

Ifecgás Pereira Xiria 31 (13+18): Naya, Zas (8), Iago (3), Miguel (5), Brais (4), Dani (6),Jorge Viñas –equipo inicial- Antón, DavidGarcía (4), Cristian, Martín, Adrián, Bisbi, David Álvarez (1).

Rasoeiro Bm 26 (13+13): Dani, Bruno (4), Ismael (4), Abraham (2), Robin (5), José A. (2), José Luis (6) -equipo inicial- Luis, Iñaki, Sergio, Alexandre, Adrián (3).

Colexiado: David Pérez e Alberto Fernández.

O Ifecgás Pereira Xiria iniciaba o seu camiño na segunda volta da liga na División de Honra Xuvenil e facíao, fronte ao Rasoeiro, nun partido partido clave para seguir escalando posicións e alonxarse dos postos de descenso un pouco máis. Non se prevía un partido sinxelo xa que na primeira volta os de Carballo só gañaron por un gol no Grove, nun partido moi igualado que se puido decantar para calquera bando.

O partido estivo á altura das expectativas e, aínda que ningún dos dous equipos andivo finos, si que mantiveron un nivel de competitividade aceptable que posibilitou un encontro atractivo para o espectador, por mor da súa igualdade. A primeira metade transcurreu con unha absoluta igualdade, os empates e as vantaxes por un gol eran a tónica xeral. Os locais non eran quen de parar as acometidas dos do Grove e as imprecisións e perdas de balón por parte dos dous equipos debuxaban un partido tosco e trabado, con moi pouco ritmo e con moi poucos goles. Ao intermedio chégabase co electrónico igualado, 13-13.

Na segunda parte o partido comezou de xeito semellante á primeira, só que agora eran os visitantes os que tomaban a dianteira e chegaban a irse con unha inquedante renda de catro goles no minuto 10. Isto obrigou a Fernando Vázquez a pedir un tempo morto para dar entrada ao internacional carballés Davis García e plantexae unha defensa mixta sobro o central do Rasoeiro, Ismael. Dende aquí ata o final os de Carballo fixéronse os amos do encontro, a defensa mixta daba os seus froitos de forma inmediata e en tan só cinco minutos o partido vovía a estar igualado. A partir de este momento o cadro local continuou alternando a defensa mixta con unha dobre mixta cando os foráneos estaban en inferioridade o que provocou que o marcador seguise aumentando a prol dos do Xiria. Dende o tempo morto o Ifecgás Pereira conseguía un parcial ao seu favor de 9 tantos chegándose ao remate do encontro cun 31-26.

Importaníisima vitoria que deixa aos de Carballo a seis puntos do descenso e situados nunha cómoda sétima posición na táboa clasificatoria, á espera de afrontar outros dous partidos decisivos, primeiro a vindeira fin de semana na difícil pista do Rosal e dentro de dáas semanas fronte ao Bm Pabellón, equipo que ocupa a penúltima praza.