Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 51 – BALONMÁN TUI 26

Vipecón Xiria 51 (23+28): Bisbi, Miguel (9), Javi (2), Rubén (8), Álex (9), Martín (6), Jorge Bouzas (3) -equipo inicial- Iván, David, Jorge Viñas (7), Ricardo (3), Eduardo (3), Luís…

Vipecón Xiria 51 (23+28): Bisbi, Miguel (9), Javi (2), Rubén (8), Álex (9), Martín (6), Jorge Bouzas (3) -equipo inicial- Iván, David, Jorge Viñas (7), Ricardo (3), Eduardo (3), Luís (1).

Balonmán Tui 26 (11+15): Manuel, David, Brian (4), Diego (1), Pablo, Fabián (2) -equipo inicial- Adrián, Sergio (1), Kevin (8), Jacobo (1), Brais, Joan (6), Miguel (3).

Colexiados: Alberto Fernández e David Pérez.

Comezou o Vipecón Xiria a 2ª volta da competición ligueira na División de Honra Cadete. O equipo de Fernando Vázquez recibía a visita do colista, o Balonmán Tui.

Os xogadores do Vipecón Xiria comezaron moi agresivos o partido, con gañas de que os dous puntos se quedaran na casa e facelo ademáis por un resultado contundente, importante na golaveraxe cara a táboa clasificatoria. Deste xeito a defensa 3:3 plantexada polo adestrador local deu os seus froitos e provocou moitos erros e perdas de balón por parte dun equipo visitante que se amosou moi inferior. Así, foron os carballeses os que levaron a dianteira dende un principio, sendo moi superiores en todas as fases do xogo. En definitiva, un partido sen historia coma xa demostraba o electrónico ao remate da primeira metade, 23-11. Todos os xogadores bergantiñáns dispuxeron de minutos de xogo, menos o internacional David, que foi reservado nesta ocasión polas súas molestias no pube, e todos eles estiveron a unha boa altura.

A segunda pmetade non tivo máis historia que a primeira, co único aliciente de saber de canto ía ser a diferencia a prol dos locais. Ao remate, un incontestable 51-26 deixaba ben claro as diferenzas que hai entre un equipo e outro a día de hoxe e debuxaba o primeiro paso desta segunda volta cara a colleitar unha das dúas prazas que dan o billete para o Campionato de España.

O seguite partido para o Vipecón Xiria será o vindeiro sábado na dificil pista do Rosal fronte ao Atl. Novás.