IFECGAS PEREIRA XIRIA 32 – BM PONTEDEUME.ES 32
Ifegas Pereira Xiria (13+19) 32: Guillín, Ramón (6), Sergio (3), Ruben, Fernando (6), Manuel (6), Hugo (3), Eloy, Alfredo (4), Javi Zas (4), Adrian, Diego (1). Adestrador: Juan M. Rodríguez.…
Ifegas Pereira Xiria (13+19) 32: Guillín, Ramón (6), Sergio (3), Ruben, Fernando (6), Manuel (6), Hugo (3), Eloy, Alfredo (4), Javi Zas (4), Adrian, Diego (1). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Balonmán Pontedeume.es (14+18) 32: Héctor, Pablo (3), Manuel R (2), Bruno (3), Manuel A (2), Enrique (8), Javier (1), Alejandro (5), Santiago (1), César (5), Oscar, Alberto (10), Roberto. Adestrador: José Permuy
Colexiado: Julio López. Non influíu no resultado.
Fin de campaña para o Ifecgás Pereira Xiria. O Ifecgás Pereira Xiria disputou o seu último partido desta tempada ante un Balonmán Pontedeume que practicamente non se xogaba nada, xa que salvo catastrofe ía rematar como primeiro de grupo. Sen embargo o Ifecgás si que se xogaba a súa clasificación para as semifinais. A esta derradeira xornada chegaba o Pontedeume con 6 puntos e unha diferenza de goles de +31, o Ifecgás Pereira Xiria con 4 puntos e +13 e o Bm Narón con 4 puntos e +5. Dado que o Narón se enfrontaba ao Ferrolterra, derradeiro clasificado tanto na liga como na copa e que aínda non coñecía a vitoria nesta temporada, ao Ifecgás só lle servía a vitoria e agardar á diferenza que obtivesen os naroneses no seu enfrontamento.
O partido estivo moi disputado e foi moi igualado ata o final con continuas vantaxes mínimas de un gol para ambos equipos. Pero, ao final, cando a vitoria era acariciada polos carballeses, un fallo de concentración no derradeiro segundo permitíulle ao eumeses acadar a igualada. Reclamaron falta os carballeses nesta última acción pero o gol visitante subiu ao marcador. De todos xeitos a vitoria pola mínima tampouco lles valería aos pupilos de Juan M. Rodríguez posto que o Narón se impuxo ao Ferrolterra por 16 goles de diferenza o que obrigaba ao Xiria a gañar polo menos por 8 goles de renda. Os enfrontamentos de semifinais serán Bm Pontedeume.es – Fishing Work Viveiro e Grupo Mar Culleredo – Tecnifont Bm Narón.
Derradeiro partido co Ifecgás Pereira Xiria para o adestrador Juan M. Rodríguez xa que non continuará na disciplina verdibranca a vindeira campaña. Desexámoslle sorte nos seus futuros proxectos.