IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33 – SD. TEUCRO 36
Ifecgás Pereira Xiria: 33 (18+15): Zúpez, Mario (4), David (11), Edu (5), Calvete, Álex (1), Miguel (6) -equipo inicial- Jorge (1), Anes (3), Iván, Mario Santiago, José, Javi (2), Viñas.…
Ifecgás Pereira Xiria: 33 (18+15): Zúpez, Mario (4), David (11), Edu (5), Calvete, Álex (1), Miguel (6) -equipo inicial- Jorge (1), Anes (3), Iván, Mario Santiago, José, Javi (2), Viñas.
S.D. Teucro: 36 (18+18): Martín, Pombo (8), Álex (6), Dani (4), Santi (4), Luís (3), Julio (3), López (2) -equipo inicial- Marcos, Rodrigo (4), Tomás, Montesinos, Aaron (1), Iván (1).
Colexiado: José María García.
O Ifecgás Pereira Xiria xogou, o venres pasado, o partido da segunda xornada de Copa, que fora aprazado no seu día a petición do Teucro. O envite prometía moito, xa que, en teoría, enfrontábanse dous dos mellores equipos galegos da categoría e aspirantes ao campionato galego. O encontro foi vibrante e non defraudou as expectativas.
A primeira metade comezou igualada e foi un toma e daca durante os trinta minutos por parte dos dous equipos. O xogo era intenso, con ritmo e cheo de mostras de alta calidade, tanto a nivel técnico como táctico. As defensas flaqueaban ante os potentes ataques e o marcador no descanso falaba por si só de todo isto (18-18).
Na segunda parte as cousas seguían moi igualadas, tanto no xogo como no marcador, pero eran os visitantes os que se amosaban máis soltos no xogo de ataque e máis duros en tarefas defensivas. Foi definitiva, dada a igualdade que se demostrou no día de hoxe, a pequena vantaxe coa que chegou o Teucro aos minutos finais, pequena pero suficiente para que este equipo soubera xogar con madurez os instantes finais e levarse a victoria cara a cidade do Lerez por 33-36.
O Ifecgas Pereira demostrou un excelente nivel competitivo para comenzar o próximo fin de semana o verdadeiramente importante, a liga de División de Honra, ante outro dos aspiranrtes ao título final como é o OAR da Coruña. O encontro disputarase na cancha herculina do San Francisco Xabier.