IFECGÁS PEREIRA XIRIA 35 – PROMALAR CANGAS 24
Ifecgás Pereira Xiria 35 (17+18): Naya, Brais (8), Zas (9),Miguel (6), Iago (6), Jorge Viñas (1), Dani (1) -equipo inicial- Bisbi, David García, Martín (1), Cristian, Antón (2), David Álvarez…
Ifecgás Pereira Xiria 35 (17+18): Naya, Brais (8), Zas (9),Miguel (6), Iago (6), Jorge Viñas (1), Dani (1) -equipo inicial- Bisbi, David García, Martín (1), Cristian, Antón (2), David Álvarez (1), Adrián.
Promalar Cangas 24 (10+14): David, Diego (4), Oscar (2), Alexandre (2), Andrés (5), Cid (4), Fabián (7) -equipo inicial- José, Rubén, Anxo, Darío, Abel, Acuña.
Colexiados: Inocencio Pérez e Antonio Moledo.
Partido pertencente á 5ª xornada de liga na División de Honra Xuvenil e que fora aprazado no seu día por mor da gripe “A”, xa que ista deixara fóra de combate a algúns efectivos do equipo de Cangas.
O partido disputouse no pavillón da Zona Escolar de Carballo, onde, a pesar de xogarse un martes ás sete da tarde, houbo unha boa afluéncia de público. O partido era moi importante para o Ifecgás Pereira Xiria posto que os carballesés xogaban a súa segunda final en tres días para tentar alonxarse dos postos de descenso. Os locais chegaban, logo da vitoria do domingo fronte ao Lalín, na oitava posición cos mesmos puntos que os do Morrazo e ambos a tan só a dous puntos do descenso.
Foron os locais os que, dende o principio do partido, se puxeron por diante no marcador e levaron a dianteira durante todo o partido, amosando unha boa intensiadade aínda que sen facer un partido brilante. Os carballeses mostráronse moi superiores en todas as facetas do xogo e xa no intermedio mandaban con unha diferenza notable, 17-10.
Na segunda metade, os locais diminuiron a súa intensidade no xogo, sobre todo nas tarefas defensivas, pero en ningún momento viron perigrar a ansiada e necesaria vitoria final. Ao remate o electrónico sinalaba un 35-24 que permite aos de Carballo ascender ao sétimo posto da clasificación e distanciarse a catro puntos da zona de descens. O vindeiro compromiso do Ifecgás Pereira será, de novo en Carballo, o sábado 16 de xaneiro, fronte ao Rasoeiro Bm, outro dos equipos implicados na loita por salvar a categoría.