VIPECÓN XIRIA 30 – BALONMÁN LALÍN 26
Vipecón Xiria 30 (14+16): Iván, David (2), Rubén (6), Jorge Viñas (3), Jorge Bouzas (5), Álex (6), Miguel(8) -equipo inicial- Edu, Heitor, Martín, Bisbi, Javi. Balonmán Lalín 26 (13+13): Xoan,…
Vipecón Xiria 30 (14+16): Iván, David (2), Rubén (6), Jorge Viñas (3), Jorge Bouzas (5), Álex (6), Miguel(8) -equipo inicial- Edu, Heitor, Martín, Bisbi, Javi.
Balonmán Lalín 26 (13+13): Xoan, Martín, Adrián (6), José (2), Santi (2), Ramón (2), Enrique (6) -equipo inicial- Adrián (4), David (1), Manuel (3), Jorge, Iago.
Colexiados:Manuel Docampo.
Visitaba a pista caraballesa do Pavillón bargantiños, na 11ª xornada de liga na División de Honra Cadete, o Balonmán Lalín nun importante partido para o Vipecón para continuar na zona alta da calsificación.
O equipo carballés non xogou o seu mellor encontro pero nunca temeu polo resultado final, incluso no primeiro tempo cando as diferenzas ao descanso eran mínimas, 14-13. Así, foron os locais os que levaron a dianteira dende un principio no marcador, aínda que actuaban con menos intensidade da habitual fronte un excelente equipo como é o de Lalín. Foi un partido frío, como o día, con pouco ritmo e esperando xa con ansias o parón do Nadal.
Na segunda metade, os locais apretaban en defensa e conseguían unha vantaxe máis comoda grazas a este factor xa que no ataque posicional a espesura, o pouco ritmo e a inexistencia do xogo sen balón foi a tónica durante todo o encontro. En definitiva,dous puntos que seguen a situar ao Vipecón Xiria na terceira posición, a dous puntos do Octavio pero con un partido menos. A competición reanudarase o videiro 16 de xaneiro enfrontandose ao Bm Tui, colista da clasificación.
Augúrase unha segunda volta ilusionante para o Vipecón Xiria a sabendas que se ao final da liga regular remata entre os dous primeiros clasificados xogará o Campionato de España da categoría.