24/03/2012
Ifecgás Pereira Xiria: 42 (17+21): Zúpez, Miguel (6), Martín (4), Javi (2), Edu (3), David (4), Rubén Gómez (5) -equipo inicial- José (2), Mario García de Seárez (3), Calvete (2), Bouzas (6), Iván, Álex, Anes (1). Non puido xogar por lesión Mario Santiago.
Club Cisne de Balonmán: 12 (4+8): Juan, Manuel (3), Pablo (1), Urrabieta (1), Gonzalo (2), Anxo (1), Javi (2) -equipo inicial- Aaron (2), Santi, Yago, Eric, Conde.
Colexiadas: Alba Currás e Tania Rodríguez.
¡¡ IFECGAS PEREIRA XIRIA CAMPIÓN GALEGO !!
Partido cheo de expectación pola posibilidade de que os carballeses conseguiran o título autonómico. Para que isto fose posible, os locatarios tiñan que sumar un punto diante do Cisne de Pontevedra. As bancadas do Vila de Noia estaban repletas de seareiros, ansiosos por ver ao seu equipo cantar o alirón.
O encontro resultou sinxelo e sen historia, xa que os pontevedreses acudiron a Carballo con algunhas baixas. Pero o Ifecgás Pereira Xiria xa tiña un patrón marcado, non deixar escapar esta oportunidade nin baixar a garda, feito que podía dar lugar a algunha sorpresa. Así foi que os bergantiñáns saíron concentrados e cunha intensidade moi alta dende os primeiros minutos. A defensa funcionaba á perfección e os contragolpes resultaban letais para os do Lérez. O Cisne non puido perforar a portería carballesa ata o minuto vinte e, para entón, os de Xiria xa levaban 11 goles.
Con este panorama chegábase ao remate dos primeiros trinta minutos. Un resultado de 17-4 deixaba ben ás claras que ao Ifecgas Pereira faltábanlle trinta minutos para proclamarse campión galego e a partir de aquí todo ía ser unha festa.
Na segunda metade o Ifecgás Pereira non baixou a intensidade e seguiu marcando un ritmo moi alto en defensa e frenético no contragolpe para firmar un marcador contundente que os coroa como novos campións da División de Honra en categoría xuvenil, 38-12.
Tras o asubío final, estalou o xúbilo en seareiros, xogadores e corpo técnico que disfrutaron do éxito no mesmo pavillón Vila de Noia. Agora so queda disputar unha intranscendente última xornada de liga en Pontevedra, fronte ao subcampión, o Teucro, despois da festividade de Semana Santa e preparar a importante cita do campionato de España.
NORABÓA E PARABÉNS A TODA A FAMILIA XIRIA E A ESTES RAPACES, QUE SEGUEN A CONQUERIR UN ÉXITO TRAS OUTRO ALÓ POR ONDE VAN.