IFECGAS PEREIRA XIRIA 39 – EM CAMARIÑAS 7
Ifecgas Pereira Xiria (12+27) 39: Chou, Damián (5), Ricardo, David (7), Heitor (9), Ivan, Joaquin (1), Miguel (11), Bisbi, Luís (3), Jorge (4). Adestrador: Juan M. Rodríguez. Escola Municipal de…
Ifecgas Pereira Xiria (12+27) 39: Chou, Damián (5), Ricardo, David (7), Heitor (9), Ivan, Joaquin (1), Miguel (11), Bisbi, Luís (3), Jorge (4). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Escola Municipal de Camariñas (3+4) 7: Álvaro, Manuel (3), Francisco P., Bieito, Francisco L., Jaime, Christian, Iago (3), Ángel (1), Adrián, Mikael, Eusebio. Adestrador: Juan R. Canosa.
Colexiado: Enrique Taboada e Héctor Piñeiro. Mal.
O Ifecgás Pereira Xiria conseguiu a súa clasificación matemática para xogar a fase final da copa ao gañar contundentemente no derbi ao Camariñas. E todo a falta de xogar un partido aprazado fronte ao Oar en Coruña, partido que xa foi aprazado en dúas ocasións descoñecendose cando se vai xogar.
O partido caeu nas mans dos carballeses grazas a unha contundente defensa e unha rápida transición, sobre todo na segunda metade, na que os visitantes non aguantaron fisicamente o alto ritmo de xogo imposto polos de Juan M. Rodríguez, o que propiciou unha menor resistencia no bando camariñán.
Remata así a fase de grupos, á espera de coñecer que acontece con ese encontro aprazado, e agora a disfrutar da fase final da copa, na que participarán catro equipos, os dous primeiros de cada grupo, e para a que o club carballés conseguiu clasificar aos seus dous equipos, Ifecgás Pereira Xiria e Procasa Xiria.