PROCASA XIRIA 36 – BM PONTEDEUME.ES 20
Procasa Xiria: Martín, Calvete (3), Álex (5), Nogales (1), Luís, Ruben Anes, Martín Alfeirán (5) -equipo inicial- Rubén Gómez (6), Jorge (9), Edu (4), Javi (3). Bm Pontedeume.es: David, Prego…
Procasa Xiria: Martín, Calvete (3), Álex (5), Nogales (1), Luís, Ruben Anes, Martín Alfeirán (5) -equipo inicial- Rubén Gómez (6), Jorge (9), Edu (4), Javi (3).
Bm Pontedeume.es: David, Prego (5), Kevin (2), Hugo (3), Varela, José (7), Carlos -equipo inicial- Rivas, Fernando, Antonio, Pena, Taboada(3).
Colexiado: O colexiado Hector Piñeiro non estivo acertado, pero non influiu no resultado final.
O Procasa Xiria acadou unha vitoria sinxela na derradeira xornada da fase de grupos (aínda que lle quedaba un encontro aprazado por disputar fronte ao mesmo rival) do Trofeo Delegación Territorial ao impoñerse ao Bm Pontedeume.es por 36 a 20.
O equipo eumés presentouse no pavillón Bergantiños con un equipo infantil con moita envergadura e moi forte fisicamente, aínda que con pouca experiencia no que se refire a tempo xogando ao balonmán. Esta circunstancia propiciou que os locais, moito máis curtidos nesta cuestión, dominaran o partido de forma fácil e cómoda dende o inicio.
A mobilidade en ataque dos rapaces do Procasa facíalle moito dano aos visitantes, que non eran quen de parar aos rapaces de Fernando Vázquez. O resto facíao a rapidez dos carballeses no contrataque. Salientar tamén a mellora experimentada durante este curso polo equipo eumés que facían dano en ataque co “pase e va” no xogo co pivote, dada a sua maior envergadura.
A segunda metade continuou polos mesmos derroteiros, sen máis inquedanza que a de saber de canto serian capaces de gañar os rapaces do Procasa Xiria. Ao final un marcador de 36-20 que deixa ben ás claras a superioridade nestes momentos dos infantis de primeiro ano do Xiria.
Estiveron ben os rapaces, presentando en todo momento, á parte da sua calidade e bo xogo, unha intensidade e loita dignas de destacar, máis se cabe nun partido que resultou tan sinxelo.