IFECGÁS PEREIRA XIRIA 42 – BUEU ATL. 17
Ifecgás Pereira Xiria: 42 (20+22): Zúpez, Bouzas (10), Martín (11), Javi (8), Anes (2), Álex (2), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- José, Mario García De Seárez, Calvete (2), Miguel (3),…
Ifecgás Pereira Xiria: 42 (20+22): Zúpez, Bouzas (10), Martín (11), Javi (8), Anes (2), Álex (2), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- José, Mario García De Seárez, Calvete (2), Miguel (3), Iván, Mario Santiago.
BueuATLBM:17(8+9):Yeray, Vidal (3), Iglésias (5), Acuña, Novas (3), Piñeiro (1), De la Torre (2) -equipo inicial- Gallego, Villegas (2), Castro (1), Domínguez.
Colexiados: Rafael Iglésias e Pablo González.
Partido sinxelo e sen historia o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Bueu Atl. no Vila de Noia de Carballo e no que os locais puxeron de manifesto a súa absoluta superioridade.
Os bergantiñáns non puideron contar co seu xogador David García, que acadara facía unhas horas o Campionato Mediterráneo coa selección nacional xuvenil en Portugal, nin tampouco con Mario García de Seárez e José que aínda que se sentaron no banco, non puideron participar por problemas físicos.
Comezaron os locais defendendo forte e con intensidade e correndo ao contraataque, tal e como a eles lles gusta. Isto fixo posible que as distancias foran cómodas e incluso avultadas dende os primeiros minutos, e xa no remate do primeiro tempo o partido concluíra a prol dos de Xiria, 20-8.
Na segunda metade o Ifecgás Pereira non baixou a intensidade e seguiu marcando un ritmo moi alto en defensa e frenético no contragolpe para firmar un marcador de escándalo que o mantén no máis alto da táboa clasificatoria, con dous puntos de vantaxe sobre o Teucro, a falta de cinco partidos para rematar a liga.
A vindeira fin de semana, os carballeses viaxaran ao Rosal para enfrontarse o Atl. Novás. Outra final para os de Xiria nunha pista moi complicada para todos os equipos que por alí pasaron este ano.