CLÍNICA DEZA BM. LALÍN 33 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33
Clínica Deza Bm. Lalín: 33 (14+19): Alberto, Ramón (13), Adrián (5), David (4), Román (3), José (3), Santi (2) -equipo inicial- Pinales, Enrique (1), Iago, Novo, Manuel, Duarte (2). Ifecgás…
Clínica Deza Bm. Lalín: 33 (14+19): Alberto, Ramón (13), Adrián (5), David (4), Román (3), José (3), Santi (2) -equipo inicial- Pinales, Enrique (1), Iago, Novo, Manuel, Duarte (2).
Ifecgás Pereira Xiria: 33 (14+19): Zúpez, Bouzas (9), Martín (8), Javi (4), Álex (2), Rubén Gómez (1), Anes (3) -equipo inicial- José, Mario (2), Calvete (3), Edu (1), Viñas.
Colexiados: Antonio Canitrot e Ignacio Obenza.
Unha magoa o punto que se lle escapou ao Ifecgas Pereira no último segundo do partido e que lle impediu seguir sendo o único equipo da categoría que contaría o seus partidos por vitorias.
Os de Carballo viaxaban a Lalín a enfrontarse contra un dos galos da categoría e facíano sen dous dos seus homes máis importantes, David e Miguel, convocados co equipo de 1ª Estatal, que xogaba en Redondela.
O encontro foi tremendamente igualado dende os primeiros compases, dous equipos poderosos que deixaban ver o seu gusto polo bo balonmán. As alternativas sucedéronse no primeiro acto, aínda que as vantaxes non superaban os dous goles de diferenza para calquera dos dous equipos. Como mostra de esta igualdade o electrónico reflectía un 14-14 no descanso.
A segunda metade foi de dominio visitante no electrónico, pero as vantaxes seguían sendo mínimas. Desta forma encarábanse os últimos minutos do encontro e cando parecía que os dous puntos marcharían para Carballo, unha xenialidade dun dos xogadores dezanos, unha contrarrosca perfecta dende o extremo dereito, a falta de dous segundos para o remate, daba un punto ao equipo de casa que o celebraba con moita algarabía dadas as circunstancias.
A vindeira fin de semana, os carballeses xogarán no Vila de Noia de Carballo fronte a un duro rival como é o equipo vigués do Lavadores. O encontro disputarase o domingo 4 ás 12:15 h.