IFECGÁS PEREIRA XIRIA 43 – SAR PEGUFORM 22
Ifecgás Pereira Xiria 43 (23+20): Bisbi, David García (7), Zas (5), Brais (8), Miguel (9), Iago (6), Dani (2) -equipo inicial- Jorge Viñas (2), Antón, Adrián, Jorge Docampo (1), Martín,…
Ifecgás Pereira Xiria 43 (23+20): Bisbi, David García (7), Zas (5), Brais (8), Miguel (9), Iago (6), Dani (2) -equipo inicial- Jorge Viñas (2), Antón, Adrián, Jorge Docampo (1), Martín, Naya, David Álvarez.
SAR Peguform 22 (12+10): Diego, Domínguez (11), Roberto (3), Porteiro (1), Bruno (3), Anxo (1), Adrián (2) -equipo inicial- Santi (1), Pereira, Ricardo, Pablo, Mauro.
Colexiados: José Carlos Fernández. Non influíu no resultado final nun encontro sinxelo.
Era un partido moi importante para o Ifecgás Pereira Xiria, xa que unha derrota deixaríao en postos de descenso e fronte a un rival directo por fuxir dos postos de perigo. Os locais foron os que levaron a dianteira no marcador dende o inicio do partido, cunha alta intensidade, a mesma que lle viñamos reclamando dende o inicio da competición. Os carballeses mostráronse moi superiores en todas as fases do xogo, case sen ataques posicionais xa que a defensa e o contraataque noqueaban aos de Redondela. Así puideron retirarse o vestiario ao remate da primeira parte cunha ampla diferenza, 23-12. O público estaba a disfrutar nas bancadas, xa que parecía imposible que, desta volta, a vitoria se lles escapara aos da casa.
Na segunda metade, os locais diminuiron a súa intensidade, sobre todo en tarefas defensivas. Isto propiciou que a SAR reducise diferencias ata os oito goles, pero despois dun tempo morto solicitado polo entrenador local, os carballeses puxeron de novo terra de por medio con un parcial de 17-2 en quince minutos de xogo para establecer o 43-22 definitivo. Esta victoria aupa o Ifecgás Pereira Xiria ata o noveno posto da clasificación e xa pode respirar máis tranquilo o cadro de Carballo ata dentro de 15 días cando se enfronten ao Lavadores en Vigo.