BALOMAN OURENSE 27 – GARAYSA XIRIA 35
Balonmán Ourense 27 (13+14): José, Rubén, Jorge, Ángel, Alberto (7), Daniel (20), Arturo -equipo inicial- Roque, Martín e Iván. Garaysa Xiria 35 (18+17): Jorge, Cristian (3), Enrique (3), Daniel García…
Balonmán Ourense 27 (13+14): José, Rubén, Jorge, Ángel, Alberto (7), Daniel (20), Arturo -equipo inicial- Roque, Martín e Iván.
Garaysa Xiria 35 (18+17): Jorge, Cristian (3), Enrique (3), Daniel García (2), Julián (11), Alberto (5), Raúl (1) -equipo inicial- Daniel Buño, Manuel (4), Óscar (1), Gabriel, Iván (3) e Diego (2)
Colexiados: Srs. Álvarez e Breant.
Partido aprazado da primeira xornada da liga de División de Honra Infantil masculina que se disputou no Pavillón do I.E.S. As Lagoas de Ourense e que enfrontou ao Balonmán Ourense co Garaysa Xiria, ou máis ben a Daniel co equipo carballés. Dende o primeiro intre viuse ben ás claras a diferencia de concepción de un e doutro equipo, xa que ben por baixas ou por acerto dos carballeses o partido foi unha demostración de forza física por parte de Daniel -coa axuda puntual de Alberto- contra a intención –acadada en numerosas ocasións- de xogar en equipo por parte do Garaysa.
O xogo colectivo e no que participaron de maneira positiva todos os compoñentes do cadro carballés superou claramente un partido no que necesitaba os dous puntos para tratar de subir postos na táboa clasificatoria. Pouco a pouco, van os xoves xogadores do Xiria collendo o pulso ao balonmán a sete e a esta liga tan esixente. As accións individuais van desaparecendo en favor do compañeiro, tanto a nivel defensivo como ofensivo.
As tentativas dos ourensáns de achegarse no marcador ca variación de defensas non tivo froito xa que os carballeses mantiveron a concentración e a serenidade durante todo o encontro. So algunha perda de balón no contraataque nos minutos finais ,cando o marcador sinalaba unha vantaxe de 11 goles a prol do Garaysa, permitiu aos de Ourense maquillar o resultado.