IFECGAS PEREIRA XIRIA 48 – BM OLEIROS 9

Ifecgas Pereira Xiria (24+24) 48: Chou, Damián (6), Ricardo, David (5), Heitor (6), Ivan, Joaquín, Miguel (20), Bisbi, Luis (2), Jorge (3). Adestrador: Juan M. Rodríguez.

Bm Oleiros (5+4) 9: Álvaro Núñez, Pablo, Manuel, Xulián, Miguel, Alex, Álvaro, Manuel García, Carlos, Daniel, Jacobo. Adestrador: Javier Muñiz.
Colexiados: José I. Pereira e Sergio Lara. Sen problemas. Ben
A sexta xornada do campionato provincial infantil masculino do grupo norte trouxo ao Bm Oleiros á cancha do Ifecgás Pereira Xiria nun encontro sen historia disputado no Pavillon Bergantiños.
Partido moi cómodo para os pupilos de Juan M. Rodríguez que non tiveron rival para conseguir o que foi a súa sexta vitoria consecutiva e afianzalos nos primeiros postos da táboa xunto co Oar, equipo que será o próximo rival dos carballeses e que será, sen ningunha dubida, o partido máis complicado que se vai atopar o equipo carballés neste torneo. Un equipo moi ben armado e que ao igual que o Ifecgás Pereira Xiria marcha invicto na competición e propinando paliza tras paliza aos seus rivais. Será, pois, unha boa pedra de toque para o equipo carballés.
Así que non se perdan este gran partido o vindeiro fin de semana na Coruña, Oar-Xiria, un deles deixará, posiblemente, de estar invicto.