Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

EM CAMARIÑAS 27 – GARAYSA XIRIA 26

EM Camariñas (16+11) 27: Alejandro, Félix, Cristian (2), Cristian Canosa, Figueroa, Diango (9), Carlos, Hector (3), Diego (1), Adrian (5), Richard, Xabier (2), Jesus (5). Adestrador: Fran Puga. Garaysa Xiria…

EM Camariñas (16+11) 27: Alejandro, Félix, Cristian (2), Cristian Canosa, Figueroa, Diango (9), Carlos, Hector (3), Diego (1), Adrian (5), Richard, Xabier (2), Jesus (5). Adestrador: Fran Puga.

Garaysa Xiria (11+15) 26: Naya, Rodrigo, Andrés (1), Ivan (3), Zas (3), Diego López (1), Alberto, Ramón (13), Óscar (3), Miguel, Diego (2), Borja, Néstor. Adestrador: Juan M. Rodríguez.

Árbitro: Pablo Goitia e Cesar Carballo. Moi discutidos, sobre todo polos visitantes.

Derbi moi intenso e trabado foi o que disputaron o Garaysa Xiria e a Escola Municipal de Camariñas o pasado sábado no Pavillón Mpal. do Areal (Camariñas).

O partido comezou cun adormecido Xiria e un intenso Camariñas que fixo que os locais se foran pronto no marcador de cinco goles, froito, sobre todo, dos erros no lanzamento, dos erros defensivos de marcaxe ao pivote e dos erros no pase. Erros que se resumen na falta de concentración e intensidade ante o partido que se estaba disputando. Pero o Garaysa reaccionou nos dez minutos seguintes. Asentouse na defensa e empezou a sair ao contrataque. O seu ataque en estático era bastante previsible pero efectivo, baseándose nun ataque mais individual que colectivo, buscando sempre o choque, a finta, a falta ou o lanzamento. Pero desta maneira o equipo carballés chegou a colocarse a tan só un gol. Sen embargo o equipo, que dirixía nesta ocasión Juan M. Rodríguez (adestrados de cadetes e infantís) en substitución de Marcos Rodríguez (habitual adestrador), volveu a pecar dos erros do comezo do partido e deixou que os palilleiros se fosen ao descanso cunha vantaxe de cinco goles (16-11).

O encontro na segunda métade tivo o mesmo guión que na primeira. Un Garaysa buscando a remontada e un Camariñas intentando manter o marcador e ampliar a renda. O gato ao auga levouno o Garaysa Xiria que volveu a conseguir remontar por segunda vez no partido, pero outra vez no segundo tercio desta segunda parte deixou que se marchara o Camariñas, outra vez de cinco goles, outra vez cando xa se igualara o partido e outra vez a remontar. Remontada que case chega cando a 30 segundos para o final os de Carballo atopbánnse a un gol do rival (27-26) e con bola para o Camariñas. Fíxose o mais dificil e recuperouse a posesión a 8 segundos para o final pero uns precipitados pases no contrataque acabaron co balón no pé dun xogador visitante, e o balón e a vitoria para o equipo local.

Despois desta derrota, pola mínima, no derbi so queda pensar en resarcirse a próxima fin de semana contra o equipo ferrolá do Tirso de Molina.