IFECGÁS PEREIRA XIRIA43 – MAT. ATLÁNTICO NARÓN 9
Ifecgas Pereira Xiria: Naya, Oscar (4), Dani (2), Ivan (5), Diego (6), Zas (9), Borja (4) -equipo inicial- Pombo, Andres, Nestor, Rodrigo. Bm.Naron: Miguel, Ivan (3), Iago, Victor, Brais (1),…
Ifecgas Pereira Xiria: Naya, Oscar (4), Dani (2), Ivan (5), Diego (6), Zas (9), Borja (4) -equipo inicial- Pombo, Andres, Nestor, Rodrigo.
Bm.Naron: Miguel, Ivan (3), Iago, Victor, Brais (1), Fernando, Ismael -equipoinicial- Ruben, David (2), Francisco(2).
Colexiados: O colexiado Julio Lopez estivo mal aínda que non influiu no resultado final.
Non tivo rival o equipo do Ifecgas Pereira no Bm. Narón e, ainda sen xogar ben, si é verdade que intentou plasmar no terreo de xogo o traballo dos entrenamentos, non como acontecera o pasado fin de semana na Coruña onde o equipo carballes estivera irrecoñecible.
Non hai moito máis que dicir se apuntamos que o electronico xa sinalaba no descanso un contundente 21-4 e seguía crecendo na segunda parte ata o 43-9 final. A defensa e os letais contragolpes en segunda oleada eran máis que suficientes para que os locais remataran de forma contundente un partido que resultou ser de mero trámite.
Primeiro paso para recuperar a dolorosa e inesperada derrota no inicio do campionato por parte do Ifecgas Pereira. Aínda que non se xogou un gran encontro si hai que destacar a intensidade e concentracion que tivo o equipo local durante os sesenta minutos, nada fácil por outro lado en partidos destas características.