Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

INSTITUT BALMES UE SARRIÁ 36 – CALVO XIRIA 32

FASE DE ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA PRATA – XORNADA 3 01/05/2011 INSTITUT BALMES UE SARRIÁ 36 – CALVO XIRIA 32 Institut Balmes UE Sarriá 36 (17+19): Cata [p], Marius…

FASE DE ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA PRATA – XORNADA 3

01/05/2011 INSTITUT BALMES UE SARRIÁ 36 – CALVO XIRIA 32
Institut Balmes UE Sarriá 36 (17+19): Cata [p], Marius (5), Jordi (2), Pascual (3), Lloréns (3), Joan (1), Carles (2), Khaled (10), Pau (1), Badía (1), Francesc (5), Valdivieso (3), Josep, Jaume [p].

Calvo Xiria 32 (13+19): Iago [p], Manu (4), Jesús (3), Dubra (3), Ramón, Borja (1), Álex García (3), Christope (1), Cuco, Ángel (2), Pablo (11), David (3), Álex Zas (2), Kike [p]. Non xogaron Naya [p] e Fer.

Colexiados: Castañer e Bohigas da Federación Territorial da Comunidade Valenciana. Sancionaron con 9 exclusións ao Calvo Xiria e con 2 ao Sarriá.

Marcador: 4 – 0, 7 – 4, 10 – 4, 11 – 9, 15 – 11, 17 – 13 (descanso); 19 – 14, 23 – 17, 26 – 20, 29 – 25, 32 – 28, 36 – 32 (final).

Terceira xornada á que se chegaba co Calvo Xiria sen máis opcións que obter unha vitoria para ofrecerlla á súa numerosa e bullangueira parroquia. Pola conta o conxunto xerundense necesitaba imperiosamente obter unha vitoria pola maior diferenza posible e agardar o resultado de encontro que enfrontaba a Nava e Puente Genil nada máis rematar este partido.

Os de Carballo, sen nada en xogo, saían á pista moi fríos logo da decepción do día anterior e aínda que poñían ganas no embite loxicamente non tiñan a tensión dos días anteriores. Ao contrario que os de Sarriá que non tiñan outra opción máis que o trunfo e puxeron toda a carne no asador dende o inicio, índose xa no electrónico nos primeiros compases fronte a un equipo carballés que non atopaba o seu ritmo. Tras dez minutos de partido o Sarriá acadaba unha considerable renda de 6 tantos, 10-4. A partir de aí reaccionou o Xiria, poñendo máis intensidade defensiva e comezando a atopar o ritmo no ataque, os de Carballo en tan só 5 min. lograban reducir a ampla diferenza a tan só 2 tantos. De aí ata o remate da 1ª metade os cataláns estiveron manexando unhas rendas de entre 1 e 3 goles chegando ao intermedio con 4 ao ser favor, 17-13.

Tras o tempo de lecer, nova saída fulgurante do Sarriá que volve a tomar vantaxe de 6 tantos. De aí ao final o Xiria loitou contra corrente tentando reducir esa vantaxe, pero varias imprecisións e as continuas exclusións que sufriron os de Marcos Rodríguez fixeron imposible a remontada. Partido de gran intensidade e dureza defensiva, pero que de novo foi medida con distinto raseiro nunha ou outra area.

A pesar da vitoria os cataláns non as tiñan todas consigo pois non contaban co desenlace do derradeiro partido. Precisaban que o Nava perdese, diante dun pavillón ateigado polos seus seareiros, ante o Punte Genil por máis de 6 goles de diferenza. E os andaluces amosaron que son, xunto co Xixón, o mellor equipo da categoría atropelando ao Nava impoñéndose por 14 goles de renda.

Así pasan á fase final o Ángel Ximénez Puente Genil e o Institut Balmes UE Sarriá (do grupo de Segovia) e o Medicentro Gijón e Bordils (do grupo de Xixón).

De novo agradacer os ánimos, apoio e azos dos Xiriareiros carballeses, unha “Mores Verde” que non deixou de animar aos seus durante toda a fin de semana, desprazándose ata Segovia en máis dun centenar, chegados, a parte de dende Carballo, dende puntos como Salamanca, Madrid, Valladolid, Pontevedra ou Lalín.

En resumo gran papel do Calvo Xiria que, a pesar de non obter ningún punto, sempre estivo metido ata o final nos partidos dando guerra e amosando a súa calidade, sendo o único equipo que lle meteu o medo no corpo ao todopoderoso Puente Genil.