CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE
Dende este venres, 6 de maio, ata o domingo, 8 de maio, o Vipecón Xiria, campión galego cadete e único representante galego nos sectores, disputa en León un dos 8…
Dende este venres, 6 de maio, ata o domingo, 8 de maio, o Vipecón Xiria, campión galego cadete e único representante galego nos sectores, disputa en León un dos 8 sectores do Campionato de España da categoría. O conxunto carballés, que dirixe Fernando Vázquez, terá un complicado camiño para clasificarse para a Fase Final onde tan só estarán os 8 mellores conxuntos do estado. Pasan a esta última fase os campións de cada un dos 8 sectores repartidos pola xeografía española.
Os rapaces de Carballo deberán enfrontarse ao Reale Ademar, campión de Castela e León, Grupoastur, campión de Asturias e Bm. Camargo, campión de Cantabria.
O Vipecón Xiria debuta o venres ás 20.00 h enfrontándose aos cántabros do Balonmano Camargo. O sábado ás 10.30 h xogará ante o Grupoastur xixonés, para xa o domingo pechar o sector medíndose aos anfitrións do Reale Ademar ás 12.30 h. Todos os encontros se diputan no Pavillón de San Esteban.
Fernando Vázques desprazará a León a todos os seus efectivos: Zúpez e Jorge Brandón (porteiros), Martín, Álex, Luís, Julián e Mario (primeiras liñas), Jorge Bouzas, Rubén Gómez, Edu e Alberto (universais) e Calvete, Jose, Rubén Anes, Javi, Óscar e Miguel (segundas liñas).