ITAIPU SAR 21 – GARAYSA XIRIA 20

Itaipu SAR (12+9) 21: Tamara, Tatiana (2), Elena (2), Zaira (3), Verónica (5), Cristina R. (4), Leonor (3), sete inicial, Almudena, Lucía, Cristina C. (1) e Lidia (1)

Garaysa Xiria (11+9) 20: Raquel, Cristina (1), Berta (5), Sheila (4), Jéssica (1), María (4), Mariana (2), sete inicial, Esmeralda (1) e Marta (2).

Mala primeira metade das carballesas onde non funcionaron en ningún dos aspectos defensivos e non defensivos, e onde, unha vez máis, a gardameta Raquel foi sen dúbida a máis destacada. A ausencia dunha pivote especialista (xa que Iria e Cristina Gende non viaxaron) limitou en bo grado a laboura ofensiva do Xiria, o cal, vendo o apretado e o curto do marcador, foi decisivo para o desenlace final do encontro.

O xogo das visitantes mellorou na segunda metade grazas a unha mellor disposición e actitude, de feito chegaron a poñerse con 3 goles de vantaxe, pero a falta de eficacia nos lanzamentos, tanto dende os 7 metros como en penetracións, impediu que puidieran gañar o partido. El pesimismo co que se está vivindo estes últimos encontros fai que as xogadoras non estean dando la talla nos momentos de tensión durante los partidos, así como na temporada pasada nunca se perdían este tipo de partidos (con finais apretados) este ano está ocurrindo ao revés.