Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

E M CAMARIÑAS 19 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 22

Esc. Mpal. de Camariñas (10+9) 19: Non dispoñemos dos datos. Punta del Este Xiria (7+15) 22: Non dispoñemos dos datos. Mala primeira metade do partido onde as carballesas non estiveron…

Esc. Mpal. de Camariñas (10+9) 19: Non dispoñemos dos datos.

Punta del Este Xiria (7+15) 22: Non dispoñemos dos datos.

Mala primeira metade do partido onde as carballesas non estiveron á altura na defensa e pouco eficaces no ataque. As locais gozaron de vantaxes de ata 5 goles debido principalmente áas pérdas de balón das xogadoras do Xiria. A insuficiente intensidade e concentración defensiva, provocou que as rapazas de Edu Orgaz non puideran saír ao contraataque nin unha soa vez en todo esta primeira parte.

Na segunda metade cambiou por completo o encontro, as de Carballo melloraron na defensa e, aínda que nos primeiros 10 minutos os erros en lanzamentos claros permitiron ás camariñás seguir por diante no marcador, moi pronto as diferenzas desapareceron e as carballesas dominaron o partido ata o seu remate.

Foi un partido no que destacaron as ausencias por parte das visitantes Cristina, por lesión, e Olalla e Patricia, por enfermidade, polo que o Xiria só dispuxo de un cambio.