JOSÉ ENSEÑAT CANGAS 30 – PROCASA XIRIA 34

José Enseñat Cangas 30 (13+17): Alberto, Abel (7), José (4), Aitor (9), Alejandro (6), César (2), Miguel (1) -equipo inicial- David, Rubén, Dario (1), Fernando, Manuel e Nerga.

Procasa Xiria 34 (17+17): Martín, Luis García (2), Alejandro Chouciño (2), Ricardo (6), Ruben (15), Damián, Mario -equipo inicial- Luis Iglesias, Alejandro Calvete (4), Antonio (2), Joaquín (3) e Iván.

Colexiado: Srs. Juncal e Currás

Primeiro desprazamento do Procasa Xiria na liga de 2ª autonómica cadete masculina que deparou unha nova vitoria do equipo carballés, desta volta ante o José Enseñat Cangas.

Partido controlado dende o inicio polos carballeses que tiveron nos seus o erros o principal inimigo durante os sesenta minutos, xa que no ecuador da primeira metade xa tiña unha diferenza de sete goles e só os erros de lanzamento, aos paus e fora, e as perdas de balón permitiron ao conxunto local achegarse no marcador ata o 13-17 que sinalaba no descanso.

A segunda metade foi un calco dos primeiros trinta minutos con un Cangas moi voluntarioso que con accións individuais de 1×1 conseguiu achegarse ata os dous goles e un Procasa que non acabou de romper o partido polas numerosas perdas de balón. Destacar a boa actuación de Rubén cun alto porcentaxe de acertos no lanzamento e que foi o xogador buscado polos seus compañeiros no momento no que o Cangas se achegaba no marcador.

Pouco a pouco van os xogadores aproveitando as súas oportunidades e collendo máis confianza e responsabilidade no xogo do conxunto que pasa por ser o principal obxectivo deste equipo.