Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROCASA XIRIA 30 – BALONMÁN MOAÑA 26

Procasa Xiria 30 (14+16): Martín, Luis García, Alejandro Chouciño (3), Ricardo (6), Rubén (9), Alejandro Calvete, Joaquín (4) –equipo inicial- Luis Iglesias (1), Damián (4), José, Antonio (1), Mario (2)…

Procasa Xiria 30 (14+16): Martín, Luis García, Alejandro Chouciño (3), Ricardo (6), Rubén (9), Alejandro Calvete, Joaquín (4) –equipo inicial- Luis Iglesias (1), Damián (4), José, Antonio (1), Mario (2) e Iván.

Balonmán Moaña 26 (11+15): David, Raul (1), Sergio (9), Simón (2), Joel (8), José (3), Alejandro (3) –equipo inicial- Miguel, Jefferson, Angel, Andrés, Borja.

Colexiado: Sr. Carballo
Primeira xornada da liga cadete de 2ª división autonómica que enfrontou no Pavillón Vila de Noia ao Procasa Xiria e Balonmán Moaña, partido que se saldou ca victoria dos locais por 30 goles a 26.
Moitas imprecisións por parte dos dous equipos no inicio do encontro, as defensas non foron capaces de impoñerse aos ataques durante os sesenta minutos de xogo a pesar das boas intervencións por parte dos porteiros de ambos equipos que, conxuntamente coas perdas de balón, impediron que a colleita de goles fose moito máis alta por parte dos dous conxuntos.
Tirou bo proveito o Procasa dos balóns recuperados para convertelos en goles sinxelos de contraataque e marcar dende o inicio unha diferenza de catro goles que practicamente mantivo ao longo do partido.
Co paso dos encontros e aumentando a confianza nas súas opcións de seguro veremos a progresión dos xogadores deste equipo na presente tempada.

Na vindeira xornada o Procasa Xiria enfróntase a domicilio ao actual líder, o José Enseñat Cangas.