LAS CINCO JOTAS LAVADORES 25 – GRUPO LEMACO XIRIA 42

XORNADA 4

28/10/2012

Las Cinco Jotas Lavadores: 25 (12+13): Pablo, Adán (5), Aarón (1), Ricardo (1), Jorge (2), Xoel (2), Cristobal (4) -equipo inicial- Aitor, Sergio (1), Pablo (3), Antón (2), Carlos (4), Copena, Mariño.

Grupo Lemaco Xiria: 42 (28+14): Buño, Iván (6), Enrique (9), Diego(3), Calvo (3), Gabriel (5), Lolo (5) -equipo inicial- Jorge, Pereira (7), José, Álex, Andrés, Manuel, Pablo (4).

Colexiadas: Soraya Abelenda e Alba Currás.

Saíu a por todas o equipo de Carballo nunha pista difícil e contra un rival que, a pesar de ocupar o último posto da táboa clasificatoria, soe ser un equipo competitivo e intenso. Pero os de Xiria non querían desperdiciar a oportunidade de subir aos postos altos da clasificación e apenas se levaban disputados 3 minutos de xogo cando a adestradora local tiña que pedir o primeiro tempo morto para frear o vendaval bergantiñán (0-5).

O equipo do Lavadores non era quen de frear as acometidas dos visitantes que, no xogo de transición defensa – ataque, pronto abriría unha brecha que ía ser insalvable para os de Vigo. A primeira liña do Grupo Lemaco perforaba unha e outra vez a portería local con ataques dinámicos, cheos de mobilidade e respostas solidarias por parte dos xogadores, que remataban por atopar espazos efectivos para as penetracións ou os lanzamentos afastados. Despois desta primeira parte chea de intensidade, bo xogo e gran acerto cara a portería contraria, os rapaces de Carballo retirábanse ao vestiario cun contundente 12-28 que, practicamente, daba por rematado o encontro.

Na segunda metade, os de Xiria controlaron perfectamente o tempo de xogo e mantiveron a distancia que se conseguira nos primeiros trinta minutos, aportando todos os xogadores convocados para conseguir os dous puntos que colocan o Grupo Lemaco na terceira posición da táboa clasificatoria, acadando un contundente marcador de 25-42

Para a semana que ven, o Grupo Lemaco Xiria non xogará o seu partido de liga, xa que o Lalín solicitou aprazamento do mesmo por ter convocados algúns xogadores coa selección nacional promesas.