Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

LAS CINCO JOTAS LAVADORES 28 – GARAYSA XIRIA 37

Las Cinco Jotas Lavadores: 28 (11+17): Iago, Pablo A. (7), Ricardo, Adán (2), Antón, Pablo C. (2), Carlos (6), Aarón (4), Pablo P. (2), Alberto, Xoel (1), Sergio, Cristóbal (4).…

Las Cinco Jotas Lavadores: 28 (11+17): Iago, Pablo A. (7), Ricardo, Adán (2), Antón, Pablo C. (2), Carlos (6), Aarón (4), Pablo P. (2), Alberto, Xoel (1), Sergio, Cristóbal (4).

Garaysa Xiria: 37 (17+20): Jorge, Buño, Daniel García (2), Gabriel (1), Iván Campos (10), Raúl (2), Diego (5), Iván Calvo (3), Enrique (14), Lolo, Alejandro.

Colexiados: Iago García y David Goyanes.

O Garaysa Xiria afrontaba a derradeira viaxe da tempada bastante curto de efectivos, coas baixas por lesión de Álex e Lolo, o equipo dispoñía de dous únicos trocos no banco, entre eles un porteiro. Pese a todo os de Carballo chegaban coa ilusión posta en acadar unha vitoria que lles dera, de xeito matemático, a 3ª praza do Campionato Galego de División de Honra Infantil.

O encontro comezaba con dificultades para o Xiria que vía como o seu rival lograba varios tantos de vantaxe, o ataque non tiña a velocidade e a continuidade necesaria e a mala selección de tiro puxo a balanza a favor dos locais. Pero o Garaysa non tardou en despregar o seu potencial e amosar quen son cando xogan concentrados e espertos, a defensa mellorou e o ataque colleu moito máis ritmo. 11-17 ao descanso que deixaba todo a favor para o Xiria, sempre e cando o cansazo non fora un lastre para manter o ritmo alto de xogo.

Os rapaces amosaron que están en bo estado de forma e deron a cara durante os 25 minutos restantes, onde aínda foron quen de aumentar a diferenza ata os 9 goles.

Bo partido para o Garaysa Xiria no que temos que felicitar aos xogadores, xa que fixeron un enorme esforzo e non deixaron de correr e pelexar cada balón pese a ter o encontro xa gañado. Estamos ante un gran grupo que, de seguir traballando así, de seguro chegarán a xogar o Campionato de España de Clubs, onde so os mellores están presentes.

Logo deste trunfo, o Garaysa asegura de xeito matemático a 3ª posición a falta de dúas xornadas para rematar o campionato. Os rapaces de Pablo Filgueira deben xogar a vindeira fin de semana o seu último partido posto que na derradeira xornada deben descansar. Aínda así conservan unha pequena opción de ser segundos e clasificarse para o Campionato de España, pero é unha opción moi remota xa que ademais da vitoria do Garaysa o Ocatavio só debería conseguir un punto nos dous encontros que lle restan, algo impensable. Unha mágoa, xa que se competira un equipo máis nas ligas provincias, a Galicia corresponderíanlle tres prazas para o campionato estatal.

O Garaysa despedirase da súa afección o vindeiro sábado ás 17.00 h, no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo, enfrontándose ao Balonmán Tui, nun encontro que, de obter a vitoria, suporía un record para os de Pablo Filgueira xa que conseguirían gañar todos os partidos xogados na casa durante a toda a tempada.