S.D. OCTAVIO VIGO 38 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 22
S.D. Octavio Vigo: 38 (19+19): Edu, Diego (6), Gonzalo (6), Pablo (4), José (4), Germán (3), Rubén (6) -equipo inicial- Ismael (2), Crespo (1), Bruno (2), Xacobo (1), Adrián (2),…
S.D. Octavio Vigo: 38 (19+19): Edu, Diego (6), Gonzalo (6), Pablo (4), José (4), Germán (3), Rubén (6) -equipo inicial- Ismael (2), Crespo (1), Bruno (2), Xacobo (1), Adrián (2), Joaquín (1).
Ifecgás Pereira Xiria: 22 (12+10): Dani López, Brais, Iago (8), Joaquín (1), Miguel (7), Alvarito (1), Ricardo -equipo inicial- Iván, Martín Alfeirán, Luís (1), Cristian, Jorge Viñas (1), Mario (1), Martín Rial (2).
Colexiado: Andrea Rodríguez e Tania Rodríguez.
O Ifecgás Pereira Xiria disputou o pasado domingo a última xornada da División de Honra en categoría xuvenil fronte a un dos rivais con máis potencial da categoría, o equipo vigués do Octavio, subcampión galego da categoría.
O encontro comezou frío, con puco ritmo e escaso dinamismo por parte dos dous equipos, sabedores de que nada se xogaban no envite a efectos clasificatorios, xa que dende hai algunhas semanas os de Carballo mantiñan unha cómoda posición na metade da táboa e os de Vigo acadaran o segundo posto de forma matemática. O conxunto local aproveitaba os seus baluartes ofensivos e sobre todo as saídas en primeira oleada dos seus homes para perforar a portería bergantiñá e conseguir unha renda importante dende o inicio. Con este panorama, o técnico visitante viuse obrigado a pedir o primeiro tempo morto cando o parcial dos locais xa se elevaba a 5-1. Este primeiro asalto foi moi desigualado e cos vigueses sempre por diante no marcador, disfrutando de diferenzas moi cómodas. Ao descanso, chegouse cun marcador de 19-12 que parecía poñer as cousas moi costa arriba para os visitantes.
A reanudación non foi diferente, o envite estaba a ser plácido para os vigueses, pero o obxectivo do Xiria no día de hoxe non era outro que a de dar minutos a todos os seus xogadores, que tiveran experiencias no xogo e sensacións cara a súa progresión individual. Todos eles tiveron momentos destacados e víronse detalles individuais interesantes en xogadores que apenas levan dous anos na práctica do balonmán. Neste sentido, o encontro serviulle de moito ao técnico carballés, Fernando Vázquez. Os de Carballo rematan a competición no noveno posto da clasificación e co obxectivo cumprido de formar xogadores para o equipo senior, xa que tres rapaces de este plantel xa debutaron no equipo de primeira estatal, Calvo Xiria, nesta tempada, dous deles en competición oficial e un deles xa se converteu nun dos habituais do Calvo Xiria.
Rematada a competición ligueira, agora toca pensar na Copa xa que o Ifecgas Pereira Xiria xa está clasificado para as semifinais.