LAS CINCO JOTAS LAVADORES 28 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 29
Las Cinco Jotas Lavadores 28 (8+20): Gonzalo, Óscar (10), Dani (6), Nico, Sergio (2), Borja (8), Adrián (1) -equipo inicial- Fernández, Raúl, Francisco, Iván, Arévalo, Mario. Ifecgás Pereira Xiria 29…
Las Cinco Jotas Lavadores 28 (8+20): Gonzalo, Óscar (10), Dani (6), Nico, Sergio (2), Borja (8), Adrián (1) -equipo inicial- Fernández, Raúl, Francisco, Iván, Arévalo, Mario.
Ifecgás Pereira Xiria 29 (13+16): Zúpez, Edu (3), Martín (7), Javi (5), Miguel (1), Álex, Rubén Gómez (4) -equipo inicial- Anes, Mario, Calvete (2), Bouzas (5), Iván, David (2), José.
Colexiados: Alberto Rodríguez e Alba Currás.
Partido importantísimo para o Ifecgás Pereira Xiria no seu obxectivo de seguir comandando a clasificación e evitar que o Teucro de Pontevedra lle poida dar caza.
O equipo bergantiñán entrou moi frío e totalmente descoñecido no encontro. Os de Lavadores superaban de forma contundente aos de Carballo en todas as facetas, así o demostraba os parciais de 4-0 e 5-1 dos inicios, feito que obrigou o técnico carballés a pedir o primeiro tempo morto do encontro. Os de Xiria transformaron o seu primeiro tanto no minuto doce de partido, as imprecisións cara a portería contraria e a falta de intensidade facía temer polo resultado final. Pero a partir do tempo morto, o equipo de Carballo pareceu outro e cun parcial de 3-12 marchaba o vestiario dominando por 8-13.
Parecía que os carballeses xa atoparan as boas sensacións que os levaban a ser ese equipo dinámico e intenso que os caracteriza, e todo facía presumir que a segunda metade ía ser claramente de dominio visitante. Nada máis lonxe da realidade, os de Vigo conseguían un parcial de 2-0 nada máis saír ao terreo de xogo e achegábanse de forma perigosa ata tres goles de diferenza. Toda esta segunda parte transcorreu con vantaxes curtas a prol dos carballeses que oscilaban entre dous e tres goles, pero cando o encontro xa expiraba, os visitantes volveron errar ata catro lanzamentos cando estaban sós cotra o porteiro e os últimos compases fixéronse moi longos, xa que os locais acercábanse a tan só un gol. Nos últimos quince segundos non houbo tempo para máis e o Ifecgas Pereira Xiria conseguiu os dous puntos os manteñen no máis alto da clasificación a falta de sete xornadas para rematar a liga.
A próxima fin de semana, os de Ifecgas Pereira volven xogar en terras viguesas, neste caso no barrio de Coia fronte ao Seis do Nadal.